Organizado por Espiga. Asociación galega para a bioconstrución
Data: 13-14-15. SETEMBRO.2019
Lugar: Pazo de Tor, Monforte, Lugo
Espiga organiza as sextas Xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.
A proposta para este ano é a arquitectura vernácula e os seus oficios. Dende Espiga consideramos que a base da bioconstrución é a arquitectura propia do lugar. Esa arquitectura onde prima o uso de materiais locais, o coñecemento do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, as técnicas tradicionais, a construción segundo o modo de vivir…todo iso, conformando un legado ás veces esquecido e non respetado en moitas das intervencións actuais.
O interese da Asociación nestas Xornadas é a de visibilizar, apoiar e reunir nun grande evento ós profesionais existentes neste campo e á sociedade interesada nunha construción máis responsable social, cultural e ambientalmente na nosa terra.
O sábado haberá diferentes obradoiros e actividades, tamén para os mais pequenos.
Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.
Habilitarase unha zona de acampada libre como en anos anteriores.
Haberá almorzos, comidas e ceas con inscripción previa obligatoria
O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas. As inscricións estarán abertas en breves.
As Xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.
Para evitar traslados de coches, retrasos, presas…
Porque polo mesmo prezo comes tranquilo, e non tes que buscar onde comer e desprazarte
Porque a comida é de producción de cercanía, ecolóxica, saudable, elaborada con moito agarimo e ademais está boísima.
Porque a imos preparar nas mesmas xornadas, e co arrecendo non te vas a poder resistir ( alí xa será tarde para reservar)
Porque é un prezo moi axustado que aínda por riba bota unha man a asociación (lembrade que as conferencias son gratuítas)
Porque o ambiente do xantar é espectacular, e permite achegarte a xente coa que tes moitos intereses comúns… ¡fai novos amigos e amigas!
Porque o entorno é un luxo e se quedas a comer terás tempo de disfrutalo.
¿Por que pagalas por adiantado e vía transferencia?
Para evitar aglomeración no acceso as xornadas.
Para evitar problemas de cambio e manexar diñeiro alí.
Facilitar as voluntarias e voluntarios da organización a xestion de tanta xente
E o máis importante: deste xeito confirmamos o número de asistentes, o que prevén facer comida de máis ou de menos.
¡¡Animámovos a que vos incribades ás comidas!!
O campus de Lugo da USC en colaboración con Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución plantexan a construción dun invernadoiro deseñado con estructura de madeira e cuberto con plástico transparente, tendo en conta criterios de bioconstrucion. O proxecto ten unha vocación didáctica, acompañado de conferencias para completar o contido teórico, no que todos os asistentes poderan aprender sobre estructuras construídas en madeira.
Os obxectivos do taller son coñecer a bioconstrución, sensibilizar medioambientalmente, aprender e comprender a construción e o deseño de estructuras de madeira.
Lugar: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. (Lugo)
As xornadas son gratuítas e abertas para quen queira participar. Sendo de inscripción obrigatoria a participación no obradoiro de construción do invernadoiro posto que so conta con 20 prazas
O deseño do invernadoiro que se plantexa neste taller, basease na ponte de Leonardo da Vinci, unha estructura recíproca de madeira. Este deseño destaca pola sua eficiencia estrutural, pola ausencia de ferraxes nas unións para a súa construción así como na facilidade de montaxe. Ademais tamén se explicaran outro tipo de estructuras como as cerchas tradicionais, estructuras trianguladas e as xeodésicas
Programa
As xornadas realizaranse o longo de tres fines de semana de outubro, o remate das festas do San Froilán, tendo o seguinte patrón:
– Sabado polas maña de 11h00 -14h00. Conferencias abertas e gratuitas
– Sabado polas tarde de 16h00 – 20-00 e os domingos de 11h00-14h00 e 16h00-20h00, desenrolo do obradoiro que consistira na montaxe dun invernadoiro. O obradoiro ten 20 prazas, é preciso inscripción previa.
Conferencias
Sabado 14.10.2017 Horario: 11h00-14h00
– Presentación do proxecto do invernadoiro. Victor Gonzalez (Espiga)
– Fundamentos das estructuras recíprocas. Martín Moreda (Espiga)
– Tratamentos naturais da madeira. Pintor de Quins (Decologic)
Sabado 21.10.2017 Horario: 11h00-14h00
– Unions tradicionais de madeira. Pablo Parracía (CasaBio)
– Patoloxías da madeira estructural: Identificación. Ignacio Bobadilla (UPM / Pemade)
– Deseño constructivo en madeira. Macarena Outeiral (Espiga).
Sabado 28.10.2017 Horario: 11h00-14h00
– Introdución a Bioconstrución. Divina Pérez (Espiga)
– Agroecoloxía. Xan Neira (USC)
– Permacultura. Alexandre Grande (Ecolectivo)
Obradoiro
1º Fin de semana. Traballos previos
Sabado 14.10.2017 Horario 16h00-20h00
Tratamento da madeira primeira man
Domingo 15.10.2017 Horario 11h00-14h00 / 16h00 – 20h00
Tratamento da madeira segunda mán
Maquetas de estructuras triangulares e reciprocas
2º Fin de semana. Construción e montaxe
Sabado 21.10.2017 Horario 16h00-20h00
Replanteo da estructura
Montaxe de barras
Domingo 22.10.2017 Horario 11h00-14h00 / 16h00 – 20h00
Ensamblaxe de barras e Montaxe de barras
3º Fin de semana. Cubrición
Sabado 28.10.2017 Horario 16h00-20h00
Continuación do traballo de ensamblaxe se for preciso
Colocación de tensores para o plástico
Domingo 29.10.2017 Horario 111h00-14h00 / 16h00 – 20h00
Continuación dos traballo e colocación do plástico
Visita técnica a Cuberta reticular de lamas de madeira dirixida por Manuel Guaita (Pemade)
Peche da xornada
Segue a información a través do noso facebook
14:00.Organizado por Espiga. Asociación galega para a bioconstrución
Data: 15-16-17. SETEMBREO.2017
Lugar: Pazo de Tor, Monforte, Lugo
Espiga organiza as quintas Xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.
A proposta para este ano é un análise transversal das posibilidades de autoxestión no mundo da construción do hábitat. Co título “Soberanía e autoxestión” facemos un percorrido pola autoconstrución do propio hábitat, centrada nas posibilidades de implementar as instalacións necesarias dun xeito autónomo e con baixo impacto no entorno.
As Xornadas comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.
O sábado haberá diferentes obradoiros e actividades para os mais pequenos sendo o fío conductor destas xornadas a autoxestión e soberanía construtiva.
Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.
Habilitarase unha zona de acampada libre como en anos anteriores.
As Xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.
Haberá almorzos, comidas e ceas con inscripción previa obligatoria
O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas.
PROGRAMA V XORNADAS. SOBERANÍA E AUTOXESTIÓN
Venres 15
16:00 Presentación da Deputación de Lugo e de Espiga.
17:00 Autobioconstrución e soberanía construtiva. Andres Martínez Espinosa, INDIKON
17:30 Experiencias da horta urbana autoxestionada. Uxío Reinoso e Salva, Horta Colectiva urbana do Berbés en Vigo
18:00 Compostaxe. Eva Villar. Mestres composteiros
19:00 Electricidade renovable autoxestionada na edificación. Jesús López Taboada, Montaxes Taboada
19:45 Bosques comestibles. Bosque Reimóndez
20:15 Mesa redonda
21:00 ECO2 CEA E FESTA GUAT-ECO CON SOFÍA ESPIÑEIRA
Sabado 16
10:00 Fitodepuración, a depuración natural das augas residuais. Javier Santiago, Tp3 Enxeñaría Natural
10:45 Experiencia profesional sobre autoconstrución. Mateu Ortoneda, Tierra cruda.
11:15 Experiencia persoal dun autoconstructor. Federico Pizarro, Baubab.
12:15 Legalidade e experiencias dentro da bioconstrución. Normativa, retos, mitos e panorama actual do sector. Miguel Fresno, Arquiteutu Técnicu na Rede
12:45 Xestión da Autoconstrución. Patricia Cebada, Taller karuna.
13:30 Mesa Redonda
14:00. ECO-XANTAR
17:00 Presentación de obradoiros e inaguración da exposición interactiva experimental
18:00 Comezo dos obradoiros
– Fornos solares. Juan Bello
– Composteiro. Maria Lafuente, ADEGA
21:00 ECO2 CEA E FESTA GUAT-ECO CON HUMANITY
Actividades familiares/infantís paralelas
Maña: Xoguetes para a construción. Sistema Lupo.
Espiral aromáticas. Rubén Escuredo
Tarde: Xoguetes para a construción. Sistema Lupo.
Cosmética natural. Almudena Ares. Xacias
Domingo 16
10:00 Visión. Vivir en comunidade. Covivenda. Rosalidia Álvarez, Otra forma de habitar.
10:30 Desenvolvemento. Vivir en comunidade. Covivenda. Iñaki Alonso, Satt/Entrepatios.
11:00 A experiencia construtiva nas ecoaldeas. Toni Marín, REd Ibérica de ecoaldeas (RIE) e Global Network EcoVillage (GEN)
11:30. Mesa Redonda
12:15 Dinámica de facilitación. Catro Espazos
14:00. ECO-XANTAR de despedida e peche das Xornadas
Neste obradoiro crearemos unha serie de figuras xeométricas tridimensionais, e así aprenderemos os principios básicos das estructuras triangulares, varios poliedros básicos, continuando con cúpulas e bóvedas xeódesicas.
Baseándonos no aprendido construiremos as nosas propias estructuras.
Data: 21.MAIO.2017
Horario: 16h00-19h00
Lugar: Parque de Santa Margarita (A Coruña) (Ver mapa)
Participantes: 15
A actividade é gratuita en grupo, é preciso inscripción previa.
Buscamos potenciar a creatividade a través da construción, á vez que reflexionamos sobre ela. Estas construcións efémeras canalizan novas ideas sobre a utilización do espazo público e a participación social, conectando a cidade e a natureza. Unha forma diferente de adaptarse ás necesidades da contorna, construídas con materiais innovadores e reciclables, de baixo custo, de forma colectiva e coa posibilidade de construirse en case calquera lugar, desmontarse, en caso de ser necesario-
Dirixido a: todolas persoas a partir de 8 anos.
Qué precisas: trae as túas luvas e moitas ganas de construir
Facilitadores: Victor González, arquitecto e membro de Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución.
Aprende a construír estruturas de vimbio, tecéndoo, empregándoo como material estructural, vivo e duradeiro. Crearemos de xeito colaborativo unha estrutura viva, cambiante, que medrará e florecerá, realizada como un túnel natural.
Dia: 14.MAIO.2017
Horario:de 16H00-20H00
Lugar:Camiño dentro do parque de Santa Margarita (A Coruña)(Ver mapa)
Participantes:15
A actividade é en grupo e gratuita, mais é preciso de inscripción previa, non te quedes sen a tua praza e
Buscamos potenciar a creatividade a través da construción, á vez que reflexionamos sobre ela. Estas construcións vivas canalizan novas ideas sobre o emprego do espazo público e a participación social, conectando cidade e natureza. Unha forma distinta de adaptarse ás necesidades da contorna, construídas con materiais naturais, de forma colectiva e coa posibilidade de construírse case en calquera lugar.
Dirixido a: toda persoa interesada en aprender a construir con materiais naturais. Non son precisos coñecementos previos. A partires de 16 anos, inda que os menores poden vir acompañados por un adulto.
Que precisas: trae as tuas luvas de traballo e moitas ganas de construir.
Facilitadores: Marta Salgado, arquitecta técnica e de interiores, compañeira de Espiga.
Mais info: https://arqtesania.wordpress.com/ e http://www.loairas.com/gl_actividad_04.html
Obradoiro no que se rematara o banco de COB, realizado durante as II Xornadas de Bioconstrución ESPIGA-ESF. Vigo
Data e hora: Venres 5.Maio.2017 (17h00-21h00) e Sábado 6.Maio.2017 (10h00-14h00) e (16h00 ata a finalización dos traballos).
Lugar: IES Politécnico de Vigo
A participación na actividade é gratuita asi que… ¡¡¡ Animadevos a colaborar e disfrutar da experiencia!!!
Recomendase traer roupa e calzado adecuados ademais de luvas de traballo e as ferramentas de traballo (brochas, moqueros,…)
Se queres ver cómo foi o proceso: Xornadas Bioconstrución ESF-ESPIGA. https://xornadasbioconstrucionvigo.wordpress.com/
Organizado por Habitat Social. Cooperativa Galega en colaboración con Espiga. Asociación para a bioconstrución de Galicia
Data: 26.XANEIRO – 27.XANEIRO.2017
Lugar: Casa da Fariña. Praza de Azcarraga 9, A Coruña
Obxectivos:
– Comprender os procesos de contaminación das augas residuais urbanas
– Desenvolver a capacidade técnica para poder acometer todas as fases de deseño, xestión administrativa, construción e mantemento dun sistema de depuración autónomo doméstico ou de núcleo, con criterios sustentables.
Poñente:
Javier Santiago Díaz, Enx.Forestal. Tp3 Enxeñería Natural (grupo AGUAinc.)
Público:
Persoas relacionadas coa arquitectura, urbanismo, enxeñería, construción ou autoconstrución, e calquera outra interesada na temática. O número de asistentes limitarase a 30 por cuestións de espazo.
Matrícula:
Normal: 40 € / Reducida para estudantes, persoas socias de Espiga e pronto pago (ata o 15 de xaneiro): 30 €
Inscricións:
Para inscribirse é necesario envíar un correo electrónico a info@habitatsocial.coop cos seguintes datos: nome e apelidos, dni, dirección e teléfono de contacto xunto co xustificante de ingreso da matrícula no seguinte número de conta:
BIC: CASDESBBXXX IBAN: ES09 3183 1500 9900 0107 1350
Programa:
26. XANEIRO.2017
16:00. Xestión sostible das augas no medio rural.
17:30 Ordenación de usos e aproveitamentos.
18:30 descanso.
19:00 Técnicas de enxeñería aplicadas ao saneamento autónomo.
27. XANEIRO. 2017
16:00 Deseño, cálculo e construción dun sistema de depuración autónomo
17:30 descanso.
18:00 A construción dun sistema de saneamento.
Organizado por Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución-ESF. Enxeñería sen Fronteiras
Data: 29 SETEMBRO-5 NOVEMBRO. 2016
Lugar: IES Politécnico de Vigo
As Xornadas de Bioconstrución ESPIGA – ESF xorden da colaboración da Asociación galega para a Bioconstrución ESPIGA e Enxeñería Sen Fronteiras co apoio do programa Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
As I Xornadas de Bioconstrución realizáronse na Universidade da Coruña en 2015, cunha alta valoración. Dando continuación, a segunda edición levarase a cabo en Vigo a partir do xoves 29 de setembro do 2016, en colaboración co Departamento de Edificación e Obra Civil do IES Politécnico de Vigo.
As xornadas desenvolveranse ao longo de 6 semanas cun ciclo de conferencias (no salón de actos do IES Politécnico de Vigo), agrupado en catro bloques temáticos que se desenrolaran en cadasúa semana. Incluira un obradoiro de construción onde se realizara un bando no xardín do centro do IES Politécnico de Vigo coa técnica constructiva en terra do COB.
Ademais habera unha exposición de materiais naturais e biocompatibles, poderanse visualizar diferentes sistemas construtivos empregados en bioconstrución e fornos e cociñas solares empregados como recurso didáctico para o aprendizaxe da enerxía solar.
Este ciclo rematara cunhas visitas técnicas na zona de Vigo.
As conferencias e as visitas son de balde. O prezo do obradoiro inclúe material e seguro de responsabilidade civil. O obradoiro e as visitas técnicas teñen aforo limitado, cunha parte reservada ós simpatizantes de Espiga.
Animádevos a participar!!
https://xornadasbioconstrucionvigo.wordpress.com/
Organizado por Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución.
Data: 16 – 17 -18 . SETEMBRO. 2016
Lugar: Finca de San Xoán de Tor. Pazo de Tor. Monforte de Lemos
Espiga organiza as cuartas xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.
Comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.
Pola tarde haberá diferentes obradoiros e actividades para os mais pequenos sendo o fío conductor destas xornadas os materiais vexetais na construción.
Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.
Habilitarase unha zona de acampada e festexaremos na festa Guat-ECO.
As xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.
Haberá comidas e ceas con inscripción previa obligatoria
Se non podes visualizar o cartel,
O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas.
¡¡Animamovos a que vos incribades ás comidas!!
Programa
Venres 16
16:00 Presentación dás xornadas
Deputación de Lugo e Concello de Monforte de Lemos
16:25 Presentación da Asociación Espiga
16:45 “Paramentos vivos: Cubertas e muros vexetais” (Urbanarbolismo)
17:45 “Illamentos vexetais” (Verónica Rivero, aparelladora)
18:30 “Illamentos con terra e fibras vexetais” (Tecnoloxía/s Apropiada/s)
19:00 “A comercialización de materiais vexetais na construción” (Bioklimanature)
20:00 Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción
Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).
20:30 Fin dá xornada do venres. Cea conxunta.
Sábado 17
10:00 “Climatización con vexetación, proxecto WCEEVT” (Beatriz Ron, arquitecta)
10:30 “Construción con palla: dende a autoconstrución a prefabricación” (Okambuva)
11:15 “Bambú e Caña. Estrutura natutral” (Bambusa)
11:45 “Programa de investigación co Micelio como material de illamento” (Espiga, Grupo Micolóxico Galego e A Revolta)
12:15 Pausa café
12:30 “Materiais de construción con cáñamo” (Cannabric)
13:30 “Construción viva” (Artesá Idoia Cuesta)
14:00 Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción
Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).
14:30 Fin da xornada de mañá. Xantar conxunto de tódolos asistentes as xornadas.
16:30 Obradoiros
Teitos de palla: Preparación da palla e elaboración dun anaco de teito de palla tradicional. (Construpiedra)
Estruturas de bambú. Elaboración de unións de bambú. (Bambusa)
Muros de palla. Manexo de balas de palla para construir muros. (Okambuva)
Estruturas de vimbio e saúco. (Artesá Idoia Cuesta)
20:30 Fin dá xornada do sábado. Cea conxunta.
Paralelamente levaranse a cabo dous obradoiros familiares, dedicados especialmente aos nenos
11:00 Ruta polo bosque para coñecer as plantas silvestres. Usos e aproveitamento. (Patri Puga)
16:00 Elaboración de cestas de médula. (Artesán da Deputación)
Domingo 18
11:00 “Canapalea. Construción con cáñamo: Formación e difusión como alianza entre paises” (IEB-Instituto Español de Baubiologie)
12:00 Creación de cúpulas xeodésicas e figuras xeométricas (Víctor González, arquitecto)
14:00 Despedida e peche dás xornadas. Xantar conxunto.
Exposición permanente: Materiais de bioconstrución e mostras de cubertas vexetais. Colección propia de Juan Bello Llorente.
Terá unha inauguración oficial na xornada do venres e estará aberta durante toda a duración das xornada para que poida ser visitada nos tempos de descanso e outros.
Organiza: Espiga Asociación Galega para a Bioconstrución, mediante o Grupo de Traballo de Madeira
Data: 28 de Maio de 2016
Lugar: Casa Bio, Poligono Chan da Ponte. Salvaterra do Miño (Pontevedra)
Inscripción previa e aberta só para socios e simpatizantes de Espiga.
– AFORO COMPLETO –
O formulario segue aberto ata o próximo luns, dia 23. As seguintes inscricións quedarán en lista de espera.
As unión tradicionais en madeira ou unións carpinteiras permitenos ensamblar pezas sen o uso de cravos ou colas. As unions constitúen a parte máis complicada e delicadas das estructuras de madeira. Na actualidade existe unha gran variedade de solucions e formas para unir elementos de madeira, dependendo da forma da unión, dos elementos, medios de fixación, así como dos esforzos e cargas que afecten a estructura.
O proceso da construción de estructura de madeira está profundamente relaciona co desenrolo tecnolóxico dos medios da unión. As unión requiren unha relevante importancia no deseño e no cálculo estructural.
Tradicionalmente, as unions carpinteiras desenrolaronse mediante un sistema chamado carpintaría de armar, que permitía ensamblar pezas na procura dun aforro económico a través caixas e rebaixes. Sendo os tipos mais frecuentes as unións de caixa e espiga, o embarbillado, a cola de milano ou a media madeira entre outras…
Antigamente requería dunha man de obra especializada polo que deixaron de utilizarse, sen embargo na actualidade e gracias a máquina de control numérico e os métodos de cálculo estructural desenvolvidos, están de actualidade por estética e por prezo.
Programa actualizado
Maña:
Introdución teórica sobre as unións artesanais, co apoio de maquetas que podermos ver e tocar.
Tratamentos da madeira con aceites naturais.
Visita o espazo de Casa Bio, onde se verán diferentes estructuras que están a construír neste momento.
Estando ó cargo de:
Tarde:
Obradoiro-prático de ensambles tradicionais. Luís Mendez (carpinteiro de Casa Bio)