RESUMO

III XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN.

APLICACIÓNS CONSTRUTIVAS CON TERRA.

Monforte de Lemos (Lugo). 12-14 de xuño de 2015

Os días 12, 13 e 14 de xuño celebramos amparados pola Deputación de Lugo, e en colaboración co Concello de Monforte de Lemos, as III Xornadas de Bioconstrución.

Neste caso as xornadas céntranse nas aplicacións construtivas de terra, en todas as súas formas, especialmente as aplicacións en cru que son máis acordes co enfoque das xornadas. O lugar para a celebración destas xornadas non foi casual, elíxese Monforte de Lemos pola longa tradición en construción con terra da bisbarra (tapia especialmente) e pola existencia na zona de importantes depósitos de arxilas aptas para una gran cantidade de aplicacións construtivas.

Para a súa realización contamos coas instalacións da finca de San Xoan do Pazo de Tor, que a Deputación de Lugo nos cedeu. A finca contaba cos espazos necesarios para o desenvolvemento de todas as actividades programadas. As charlas tiveron lugar nunha sala grande, pechada parcialmente con tapia, resto das antigas bodegas. Ao redor do edificio tiñamos espazo dabondo para os descansos. A comida, os almorzos e o café de media mañá o fixemos dentro do propio edificio nunha sala anexa as conferencias. A finca tiña sitio tamén para unha zona de acampada baixo un bosquete de coníferas. Pola estación na que nos atopamos puidemos disfrutar das froita maduras que enchían as cerdeiras a carón do edificio.

IMG_0129

De seguido resúmese o contido das diferentes relatos que encheron os días.

 

Venres 12

O primeiro evento previsto para a tarde do venres foi, como é lóxico, a apertura e presentación destas xornadas.

Foi a presidenta de Espiga, Carolina Martínez, a encargada de acender ese “facho de luz” que durante toda a fin de semana se mantivo nutrida por tantas vontades unidas nun único propósito: A recuperación da terra como material de uso na construción actual. Faise unha mención especial a utilización que este material tivo en pasado en terras de Monforte, de aí a situación destas xornadas neste inmellorable ámbito que nos proporcionou o Pazo de Tor, cedido pola Deputación Provincial de Lugo.

Asistiu en representación da Deputación, Sonsoles López Esquerdo, Deputada Delegada de Medio e Enerxías Renovables que resaltou o labor de acompañamento que a Deputación realiza en pro da Bioconstrución, o desenvolvemento rural, a loita polo alternativo e o movemento de recursos que promove o organismo provincial.

Espiga agradece este importante apoio e dá as grazas a todos os participantes, colaboradores, patrocinadores e asistentes a estas xornadas.

Introdución á construción con terra (Asociación terram)

Procedentes de terras catalás (Xirona), Xavier Janer e o seu compañeiro Bjorn de Terram introducíronnos na construción con terra, presentándonos as técnicas idóneas para este labor en función de diversos factores físicos: tipo de terras, clima, condición ambiental, tipoloxías construtivas e condicións físico químicas da materia prima.

Mostráronnos claros exemplos desta tipoloxía construtiva en diversos puntos do planeta.

Faláronnos das características propias da terra e os ensaios a realizar para determinar os distintos tipos de terra.

Expuxeron as técnicas de BTC (Bloque de Terra Compactada) cun exhaustivo repaso histórico do seu uso e a normativa UNE a aplicar neste.

Finalizaron o seu relatorio presentando a súa Asociación profesional TERRAM proxectada cara á construción sostible en terra e as súas liñas de actuación: investigación, proxectos realizados, sensibilización educativa, docencia, cooperación internacional, colaboracións con outras entidades e os proxectos que actualmente teñen en marcha.

Interesante relatorio para “abrir boca” e continuar ben axustado ao horario previsto.

IMG_0211 facebook1

Construción de adobe antisísmo en Guatemala (Arquitectura sen Fronteiras).

Karme García e Edgar Medina, pertencentes á ONG Arquitectura sen Fronteiras faláronnos do traballo que están a realizar en Guatemala, concretamente no ámbito da construción dunha Clínica Materna na localidade de Chinique.

Colaboraron con Médicos Descalzos en San Salvador, lugar onde o terremoto do ano 2001, cos seus estragos, fixo reformular os sistemas antisísmicos utilizados ata ese momento. Eles mostráronnos a forma en que eses sistemas foron mellorados e fixeron unha análise daqueles outros como de “malas prácticas” na construción con adobe.

A súa alternativa reside no uso do adobe sismoresistente e o adobe reforzado, acompañando todo isto coa creación dun manual de deseño construtivo coherente coas boas prácticas.

Proxectáronnos un documental que reflectía o proceso construtivo, cos materiais mencionados, na Clínica Materna; o vídeo contempla a preparación das terras, a fabricación dos adobes e o proceso construtivo en cimentación e muros.

Chea de practicidade esta charla meteunos, se cabe, aínda máis en materia.

Revocos de barro: influencia na saúde e o confort das persoas (Cruz Igrexas)

O terceiro e último relatorio do día deixounos un agradable sabor. Cruz Igrexas, Arquitecta docente da Universidade de A Coruña, comeza a súa charla falando da súa propia experiencia coa terra; ela era basicamente “calera” e unha experiencia de rehabilitación próxima conmóvelle “catárticamente” cara ao uso da terra como material de revocadura. Vivir en propia pel a experiencia, fai que a exposición teórica cobre máis vida nos labios desta sabia muller.

Na súa exposición fálanos dende o corazón, da paixón xerada nela polo seu contacto coa terra, e entra en materia enumerando as propiedades físico-químicas cambiantes e conectivas da terra coa Natureza:

A regularización da humidade relativa ambiental (Relación vapor-transpirabilidade a este), a súa non resistencia á auga líquida, as granulometrías ideais de terra para construción, as propiedades ambientais (sen procesos de cocción non hai emisión de CO2), mecánicas (capacidade de deformación), físicas (inercia térmica) e químicas (bo comportamento higrotérmico).

Con todo iso nos levou a considerar a terra como un material ideal para a execución de revocaduras (pel de pel) na creación desa terceira cobertura que é a nosa vivenda. Saúde e confort danse a man co uso deste material.

Finalizou a súa clara exposición viaxando do macrocósmico, físico-material tanxible, ao microcósmico e intanxible: ao mundo das moléculas de micela (capas microscópicas de formación das arxilas) na súa interacción coa auga ao introducirse esta entre as súas capas mediante un proceso de adsorción e non de absorción, debido isto a diferenzas de cargas polarizadas dos átomos libres compoñentes da arxila, a auga e o sodio montante.

Isto fíxonos comprender con claridade o proceso de unión entre auga e ligante (terra) na constitución das revocaduras e por que non a amalos un pouco máis.

facebook2      facebook3

 

Sábado 13

Pavimento de terra: execución e acabados (Arquisolux)

Alessandro Carbutti, arquitecto, falounos sobre a súa empresa Arquisolux, que fabrica os seus revestimentos con terra galega. Dispoñen de diferentes produtos adaptados ás nosas necesidades: como pode ser unha revocadura fina, pinturas de arxila de diferentes cores, varios acabados de chans en función da súa resistencia ao desgaste, etc.

Tamén nos explicou o modo de proceder á hora de realizar un pavimento de arxila, as diferentes capas a colocar, e os diferentes acabados que se poden obter: brillante, satinado ou opaco. Para fixar a arxila úsase un aceite que lle confire impermeabilidade á auga conservando o seu transpirabilidad ao vapor, e unha cera natural que dará o acabado abrillantado ou non. Ademais aclarounos que é posible realizar unha soleira radiante con estes materiais, para aproveitar a grande inercia térmica que nos ofrece o barro. Son pavimentos que poden chegar a cubrir unha grande superficie sen xuntas de dilatación (ata 250 m2, se se usa a base Naturpav). No caso de reformas, existe a posibilidade de aplicalos sobre o azulexado existente (tanto en chans coma en paramentos verticais), evitando obra e a formación de entullos.

Por outro lado tamén nos falou da terra estabilizada e compactada. Unha solución ideal para camiños de terra que reduce o po e evita a formación de barro. Realízanse coa propia arxila do terreo e a aplicación dun líquido biolóxico que sela e impermeabiliza a superficie.

Terra alixeirada: sistema construtivo e obras (Javier Ovejero)

Javier Ovejero é un Ebanista e Bioconstructor afincado en Negreira. Centra a súa actividade no desenvolvemento de sistemas construtivos para persoas con mínimos recursos. Asina os seus traballos como Tortugaboreal.

Falounos de varios sistemas construtivos con terra, sendo o seu preferida a técnica do Light Clay ou terra alixeirada. Segundo a súa vocación de usar os materiais locais, para persoas sen recursos, adaptouna usando serradur, casca de piñeiro, papel triturado, follas de fentos, etc.

O Light Clay permítenos a realización de muros non portantes con moi boa capacidade de illamento térmico. É necesario dispoñer dun encofrado para a súa realización. Faise a mestura de terra (cun mínimo de 40% de arxila e un máximo de 30% de limos) e do material illante (palla, ou serradur, ou casca de piñeiro, ou o papel triturado, etc). Énchese o encofrado por tongadas, sen compactar demasiado. A máis compactación, menor poder illante). ÁS 2 h (máximo 4 h), se desencofra, sobe o encofrado e realízase a seguinte tongada.  Posteriormente, aos 3 meses, pódese revogar con arxila. O espesor do muro estándar con esta técnica é de 30 cm, pero para a nosa climatoloxía 20 cm son suficientes.

 

Exemplos de restauración de tapia en Galicia (Carolina Sánchez)

Esta restauradora de Pantón falounos de diferentes traballos realizados en Monforte de restauración de tapia. Esta técnica adaptouse a cada climatoloxía e localidade. Os exemplos que se atopan en Monforte difiren dos existentes en Andalucía ou Castilla. Alí moitas veces, a tapia localízase na parte inferior do muro, sendo a superior de pedra. En cambio, en Monforte, a parte inferior do muro realízase habitualmente en cachotería cunha altura de metro e medio, e a tapia coroa o muro. É de destacar as diferentes reparacións que se adoitan realizar nas tapias e que comprometen a súa durabilidade como son os recebos de cementos ou o vernizado con produtos non adecuados como pode ser o fixador para pedra. O cemento impide a transpirabilidade da tapia, evitando o paso do vapor ao seu través e producindo condensacións, ademais de engadir sales ao muro.

Nas actuacións de restauración, recoméndase eliminar toda a revocadura para detectar posibles problemas ocultos, ver a forma de construción, posibles espesores, etc. Para efectuar a consolidación da tapia, recomenda primeiramente mollar con auga o muro, e seguidamente aplicar auga de cal.

facebook4 facebook6 facebook5

Obras contemporáneas de terra en Galicia (Hábitat Social)

Ramón Fernández, Patxi Sánchez e Carolina Jack, arquitectos en Cooperativa Hábitat Social, faláronnos da súa actividade centrada no urbanismo, a arquitectura e a integración social mediante a participación cidadá. Han realizados varios talleres relacionados coas construción en terra e presentáronnos entre outras, unha obra en COB que están a realizar actualmente en Veiga (Poboa de Brollón).

Antes de parar a descansar e tomar café, Juan Belo, profesor do CEIP Someso de A Coruña presentou unha Exposición de Materiais de Bioconstrución que se puido visitar durante a fin de semana nunha sala anexa ao auditorio, na que se incluían, ademais de produtos derivados do uso de arxilas, lasures, illantes a base de cánabo, cortiza, celulosa, …, estucos de xeso, pinturas naturais, …

IMG_0210

Software para o cálculo dunha construción con superadobe- Homodomo (Martín Moreda e Victor González)

Martín Moreda (enxeñeiro de camiños) e Víctor González (arquitecto) faláronnos da técnica de superadobe. Trátase dunha técnica relativamente nova, onde a terra se introduce xunto a un estabilizador e area dentro duns sacos que se disporán en fiadas. Desenvolveron un software moi completo que permite xestionar unha construción en superadobe. Ofrécenos a posibilidade de decidir a xeometría e os materiais, e obtemos as medicións dos materiais, do tempo, do custo, etc.

IMG_20150613_132605404 facebook8  IMG_20150613_143603357facebook7

Emprendimiento no rural mediante sistemas construtivos en terra: BTC, adobe e valo (Adobera del norte)

Jon Santibáñez de Adobera del Norte falounos de diferentes técnicas de construción en terra: BTC, adobe e tapia. Tamén nos mostrou que é posible o emprendimento no rural, con criterios de bioconstrución.

As sesións da mañá concluíron cunha mesa redonda, moderada por Sabela Núñez, arquitecta da Oficina de Rehabilitación do Concello de Monforte de Lemos. Modero unha mesa redonda que contou como participantes a todos os relatores de ambos os dous días. Onde os asistentes puideron formular as súas inquietudes respecto á construción en terra, conservación e rehabilitación da mesma, así como aspectos normativos de interese.

Mentres se desenvolvían as charlas na sala auditorio, os máis pequenos puideron asistir, a un obradoiro que impartiu a Asociación TERRAM, por medio de Javier e Bjorn co obxectivo de familiarizarse coa construción con terra no que puideron executar pequenos muros de tapia ou “tapialillos” e “miniadobes” e sentir a terra por se mesmos.

IMG_20150613_115226771_HDR IMG_20150613_115103284 IMG_20150613_131941623

A mañá remato cunha comida comunitaria con produtos de orixe vexetal e de proximidade.

IMG_20150613_150805432

A tarde estivo dedicada a ver e tocar a terra. Organizáronse obradoiros de distintas técnicas de construción con terra. Estes desenvolvéronse nun lateral do edificio das xornadas, nun longo soportal corrido para protexernos da chuvia, que intermitentemente e por sorte sen moita forza fixo acto de presenza.

Puidemos seguir o traballo para a realización das diversas técnicas.

Jon Santibañez, de Adobeira do Norte, mostrou como se preparaba un anaco de tapia, Carolina Sánchez e Damián Prado executaron un anaco de tabique de entralazados dende o armazon de madeira, as varas entretegidas e o revestimento de barro; Luciano López probou os acabados de barro sobre as paredes, Alessandro Carbutti mostro distintos produtos de base e de remate para chans de arxila; Xavier e Bjorn, de Terram, axudados dunha prensa manual, produciron algúns bloques de terra comprimida, e fabricaron algúns adobes con barro e palla; Javier Ovejero amosou o proceso de construción unha parede con terra alixeirada (light clay) e Marta Salgado constrúo un pequeno murete de cob, explicando o proceso dende a realización da mestura.

IMG_0224   IMG_0218 - copia    facebook10 DSCF2646facebook9         DSCF2656 DSCF2652

Paralelamente Tomas López, un oleiro de Gundivos, amosou o método para elaboración da olaría tradicional, e nun taller máis dedicado aos nenos, ensínolles a mesturar e amasar o barro, e a modelar distintas formas.

IMG_0220 IMG_0221 IMG_0227

Ao final da tarde e co cansazo do día puidemos relaxarnos cunha cervecita e un pouco de tortilla ou empanada, mentres compartiamos impresións e ilusións.

A reunión remato coa proxección do documental. “o barro, as mans, a casa” no que Jorge Belako. fainos un percorrido pola súa experiencia da construción en terra, e finalmente a actuación de Víctor González, un mago de altura.

Domingo 14

Na mañá do domingo as charlas trasladáronse ao Centro do Viño, en pleno centro de Monforte, para facilitar a asistencia aos veciños da vila.

Arquitectura de terra en Galicia. Tapia en Terra de Lemos (Alejandro Fernández Palicio)

A primeira das charlas a cargo de Alejandro Fernández, arquitecto que realizou un estudio da construción con terra en Galicia. Mostrounos os distintos usos tradicionais de barro en Galicia en diferentes bisbarras. Repaso as distintas técnicas utilizadas como os morteiros de barro, as armazóns de palla-barro, encetado e barrotillo, as construcións de terróns e finalmente a tapia, especialmente abundante en terra de Lemos.

IMG_0230 IMG_0229

Academia europea de Construción con terra (Kkalus Hirrich)

Klaus Hirrich, que se achegou ás xornadas dende Alemaña, como representante da Academia Europea da Construción con Terra, contounos a súa experiencia na revitalización do medio rural, que levaron a cabo en Wangelin (Alemaña), unha zona orixinalmente despoboada e con secuelas da guerra. Traballaron a idea de sostibilidade e ecoloxía creando unha comunidade respectuosa co medio, recuperando a arquitectura tradicional, repoboando con vexetación, e creando emprego. A revitalización formulouse a través da posta en valor da construción con terra. Tamén expuxo os programas de formación desenvolvidos para a habilitación profesional na construción con terra en Alemaña que desenvolven dende 2002.

Mentres algúns gozaban destas charlas, os demais debían optar por algunha da dúas visitas programadas durante a Mañá. Ou ben perdíanse polo casco histórico de Monforte, guiados Por Sabela Núñez e Lucia Rivas, onde se puideron observar a abundancia de construcións de terra existentes na localidade así como o seu actual estado de abandono. A outra posibilidade, era achegarse a Veiga, unha aldea de Pobra de Brollón para visitar unha obra en execución mediante o sistema cob, guiados por Hábitat Social, que desenvolve o proxecto.

IMG_20150614_124415420 IMG_20150614_112953

Tanto as charlas como as visitas, repetíronse para dar a posibilidade a todos a gozar de ambas as dúas actividades.Finalmente as xornadas pecháronse cun viño da zona, que o Concello, a través do centro do viño, ofreceu aos asistentes.

IMG_20150614_145135772_HDR

O obxectivo de ESPIGA para as xornadas foi que, ademais da posta en valor o uso da terra como material de construción, concibísense como un foro aberto, no que todos os asistentes, profesionais ou non, puidesen poñer en común as súas experiencias, dúbidas e exemplos a través do cal póidanse xerar futuras sinerxías de colaboración.

Fotos de Cristina, Lina, María José e Miguel (grazas)

 

 

4 Comments so far

Xosé M. CastroPosted on  11:30 a.m. - Mai 24, 2015

Desexaría inscribirme no vindeiro encontro de Bioconstrucción que se celebrará en Monforte de Lemos. Grazas.

LucíaPosted on  8:56 a.m. - Mai 26, 2015

Por trabajo solo puedo apuntarme el sábado hasta las tres. Os felicito por la iniciativa!

Ivon Duo SuárezPosted on  12:37 p.m. - Xuñ 7, 2015

Hola, voy el viernes y sábado.
A los talleres para niños no.

Santiago Fdez VilelaPosted on  12:39 p.m. - Xuñ 7, 2015

Hola.
Voy viernes y sábado. A los talleres familiares no.

Comments are closed.