Author Archives: espiga_biocons

Byespiga_biocons

Xuntaza sobre o MERCADO SOCIAL en Galicia. A coruña, 10 de novembro de 2013

O domingo día 10 de novembro, ESPIGA participou nunha xornada aberta sobre a posible xestación dun Mercado Social Galego.

No acto celebrado na sede da cooperativa Habitat Social, déronse cita as cooperativas socias de UGACOTA, Trespés, S.Coop. Galega, e Hábitat Social, S.Coop. Galega, xunto coas cooperativas de consumo Panxea e Zocaminhoca.

Propoñemos a apertura dun proceso de encontro, coñecemento mutuo, e debate, que sentara as bases dun posible Mercado Social Galego. Un proceso aberto, de creación colaborativa que traballe inicialmente en tres eixos:

-Análise crítica do modelo actual.

-Definición dos criterios de pertenza ao mercado social e

-Investigación sobre os seus modos de implantación.

Traballouse seguindo una orde de contidos: una presentación preliminar das entidades presentes, una exposición do que debería ou poidería ser una mercado social e logo tratáronse os eixos comentados, facendo un roteiro de tódolos partipantes polas tres mesas de traballo creado. A participación foi intensa e dela surdiron moitas e boas ideas para dar comenzo a unha andadura no senso da colaboración entre entidades afins a unas maneiras de sentir e concebir o intercambio de actividades humanas a prol do beneficio dun colectivo.

Espiga amosou o seu interés en manter viva a chama da colaboración e participación no futuro, nás actividades que deste encontró poidan surdir e de seguro surdirán.

Dende eiquí, queremos dar as  grazas ás entidades xestoras por ista iniciativa, e invitar a outras que comulguen no sentir para que se adiran á participación nesta actividade conxunta.

Byespiga_biocons

Curso de CAL AEREA con JOYSTUC en Vilarmaior (A Coruña)

Voltamos á actividade cunha proposta que xa moitos de vos estabades esperando, o CURSO DE “CAL E OS SEUS USOS”, da man de Montse Guixeras e Sònia Luna de O Centro de Estudios da Cal JOYSTUC.

Este curso plantéxase co obxectivo primordial de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración/conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.

O curso vai dirixido a tódolas persoas profesionais do mundo da construción e do estuco, especialmente a: pintoras, decoradoras, albanéis, interioristas, aparelladoras, arquitectas ou enxeñeiras, conservadoras, restauradoras, bioconstrutoras, rehabilitadoras, arquéologas, técnicas de patrimonio, etc. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade da súas vivendas e da sostibilidade.

DATOS DO CURSO

Lugar: Albergue de Ecoturismo Alvarella (5Km de Pontedeume – A Coruña)

Datas: xoves 10 , venres 11 e sábado 12 de outubro

Horario: 9:30 a 13:30 – 15:30 a 18:30 (o sábado é unha hora menos)

Duración: 20hs

Prazas: 20 persoas

Custe curso: 150€

Custe aloxamento:

– Pensión completa*:  42€ persoa e día  (37€ se levas o teu saco e a túa toalla)  

– Xantar só: 18€ persoa e día

– Xantar e cear: 30€ persoa e día

Se non te aloxas nin fas ningunha comida alí, non tes ningún custe engadido.
 (prezos con IVE incluido)

(*) O total do aloxamento e manutención para o curso son dúas xornadas con pensión completa e un xantar (102€ ou 92€ se levas saco e toalla).

PROGRAMA

No curso trataranse os segunites puntos a nivel teórico:

– Definición de áridos, análisis e clasificación.

– Introducción teórica a prácica de formulación de morteiros cos áridos de cada participante.

– Pigmentos.

– Distintas concentracións de cal en disolución. Aplicación.

– Preparación de cores.

– Hidraulización de pastas aéreas. Morteiros romanos. Rexuntados ou encintados.

– Pavimentos.

A nivel práctico se realizarán os seguintes obradoiros:

– Anális dos soportes e preparación de morteiros e ferramentas adecuadas.

– Execución de capas base.

– Capa base. Formulación de morteiros cos áridos dos participantes.

– Cor da cal. Realización de 2 cores.

– Capa intermedia. Proporcións. Acabados.

– Estuco Lume (Estuco al fuego). Fresco.

– Pinturas de cal.

– Veladuras de auga forte.

– Esgrafiado. Preparación e execución.

– Pavimentos continuos.

A calidade da formación é elevada, como xa moitas de vos o poidestes comprobar nas Xornadas de Viveiro. Podedes ver aquí fotos das obras executadas por JOYSTUC en máis de dez anos de actividade, e a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores, interiores, zonas húmedas, pavimentos…

Quen así o desexe poderá obtener o certificado de asistencia e aproveitamento de JOYSTUC FORMACIÓ, DIFUSIÓ I ASSESSORAMET EN CALÇ.

As inscripcións (tanto sexa para o curso como para o aloxamento e manutención) se realizarán a través do noso enderezo electrónico: espigabioconstrucion@gmail.com , indicando no asunto “curso cal”, e facilitando o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.  Xa dende o enderezo, facilitaremos o número de conta para facer o pagamento e máis detalles (ferramentas, roupa axeitada, etc…) para asistir ao curso.

Se houbese lista de espera, gustaríannos poder repetir o curso no sur de Galicia preto de Ourense.

ESPERÁMOSVOS!

Byespiga_biocons

I Xornadas Bioconstrución e Intervención no Patrimonio Arquitectónico Galego

O vindeiro 28 de xuño, a ASOCIACIÓN ESPIGA será presentada ante o gran público a través dos seus membros fundadores.

Con motivo da presentación preparamos as que esperamos sexán as PRIMEIRAS XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN E INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO GALEGO onde contamos na organización coa inestimable axuda de Luciano López, artesan e veciño de Viveiro, e  e o Exmo. Concello de Viveiro, que darán as xornadas un enclave sen igual. cartaz_web

As xornadas están dirixidas tanto ao sector técnico e profesional coma ao público xeral.

Ademáis de todas as actividades organizamos tamén un XANTAR COMUNITARIO e autoservido con produtos ecolóxicos e de proximidade nos Claustros de San Francisco. Contará con alimentos aptos para veganos e o prezo é de 10€/persoa constando de 1º plato, 2º plato, postre, café ou infusión e auga. O resto de bebidas (viño, refrescos e cervexa artesá) cobraranse aparte. Rogamos poidades reservar ca maior brevidade posible no formulario de inscricións.

Grazas dende xa a todas as colaboracións que recibimos, sen elas sería imposíbel realizar o evento.

Divulgación

Aquí vos deixamos os cartaces para que poidades compartir o evento.

Descarga aquí o cartaz para web:

https://www.dropbox.com/s/ntoov22x8mjugwd/cartaz_web.png

Descarga aquí o cartaz para imprimir:

https://www.dropbox.com/s/khwnr0r5cumrfzl/imprimir_A1.pdf

Inscricións e consultas

Creamos o seguinte formulario de contacto para xestionar as inscricións. Se queres contarnos algún caso especial por favor escríbenos a espigabioconstrucion@gmail.com

[googleapps domain=”docs” dir=”forms/d/1KHUoVBD6EjZn6Lc3XMHy22Or4rm_D5iGFNyjxT9l6oQ/viewform” query=”embedded=true” width=”760″ height=”500″ /]

Vémonos en Viveiro!

Byespiga_biocons

Benvida

Amigas e amigos!

Este será o espacio web onde poderedes seguir de preto a nosa actividade.

Grazas por seguirnos!