Bioconstrupedia

A bioconstrupedia é unha enciclopedia libre  de edición colaborativa especializada en bioconstrución e construción natural.  

O obxectivo é crear un espazo onde recoller de forma ordenada toda esa sabedoría antiga e moderna que rodea este tipo de construción.

Asi que… non dubides en mergullarvos polos artigos, engadir aquilo que consideres oportuno e corrixir, ou deixar unha proposta para chegar a facer grande este proxecto común.

Este proxecto foi desenrolado por membros de Espiga de maneira altruísta con moita ilusión, dedicación e con moitos desexos de reunir o coñecemento existente nesta plataforma. Actualmente esta arrancando e conta con poucos artigos pero nace con grande ambición para converterse nunha enciclopedia de referencia.

Os creadores animan a participación neste proxecto colaborativo, sendo moi fácil motivador escribir na plataforma. Desexando que poida servir para inspirar a outras persoas.

A Bioconstrupedia organizase mediante categorías nas que se ordenan os artigos, componse de galerías para dar soporte a todo tipo de material gráfico (fotos, deseños…). Tamén inclúe xogos e preguntas…. e por suposto está aberta a que calquera persoa faga novas suxestións para nutrir a plataforma. Ademais conta con videotutoriais e guías nas que se explican cómo navegar e cómo editar.

Podedes entrar no botón no final da páxina ou clicando directamente na imaxe.

bioconstrupedia