Estructuras de vimbio vivo

Byespiga_biocons

Estructuras de vimbio vivo

O colectivo Loairas en colaboración con Espiga. Asociacion Galega para a Bioconstrución organizan un obradoiro de

construcion con vimbio vivo.

mimbre

Aprende a construír estruturas de vimbio, tecéndoo, empregándoo como material estructural, vivo e duradeiro. Crearemos de xeito colaborativo unha estrutura viva, cambiante, que medrará e florecerá, realizada como un túnel natural.

Dia: 14.MAIO.2017

Horario:de 16H00-20H00

Lugar:Camiño dentro do parque de Santa Margarita (A Coruña)(Ver mapa)

Participantes:15

A actividade é en grupo e gratuita, mais é preciso de inscripción previa, non te quedes sen a tua praza e

Buscamos potenciar a creatividade a través da construción, á vez que reflexionamos sobre ela. Estas construcións vivas canalizan novas ideas sobre o emprego do espazo público e a participación social, conectando cidade e natureza. Unha forma distinta de adaptarse ás necesidades da contorna, construídas con materiais naturais, de forma colectiva e coa posibilidade de construírse case en calquera lugar.

Dirixido a: toda persoa interesada en aprender a construir con materiais naturais. Non son precisos coñecementos previos. A partires de 16 anos, inda que os menores poden vir acompañados por un adulto.

Que precisas: trae as tuas luvas de traballo e moitas ganas de construir.

Facilitadores: Marta Salgado, arquitecta técnica e de interiores, compañeira de Espiga.

Mais info: https://arqtesania.wordpress.com/ e http://www.loairas.com/gl_actividad_04.html

About the Author

espiga_biocons administrator

Leave a Reply