Mapeo de Recursos

MAPEO DE RECURSOS DE BIOCONSTRUCIÓN

Este Mapeo pretende ser un referente para todos aqueles interesados na bioconstrución na Galiza, para crear rede entre profesionais, compartir coñecementos e axudar a todos os que queren unha construción sá.

Cos datos aquí recollidos xeramos unha guía  no que cada recurso será representado por un punto no mapa enlazado tamén a unha lista das fichas de tódolos recursos clasificados por categorías.

Espiga non ten ningún tipo de vinculación cos profesionais que decidiron visibilizarse nel, e tampouco pode garantir que o seu traballo e a información facilitada por estes sexan correctos, veraces ou de calidade. Así, dende Espiga recomendamos informarse previamente e pedir credenciais de calidade ós profesionais aquí enumerados antes de contratar os seus servizos.

 

Descrición

Trátase de elaborar e manter unha base de datos actualizada, coas diferentes empresas, colectivos e artesans que se adican de forma profesional ao sector da bioconstrución en Galicia.

A guía é virtual a través da web da Asociación, que será actualizada continuamente. Poderase editar de forma periódica nunha versión física para distribuir en ferias, congresos, asociacións, etc.

A guía se organiza por grupos  ordeados xeográficamente. Os grupos son:

  • TÉCNICOS: Persoas cun perfil técnico: arquitectas, aparelladoras , enxeñeiras, biólogas, técnicas medioambientais… que nos axuden a desenrolar o noso proxecto.
  • OFICIOS: Empresas constructoras, especialistas de distintos oficios da construción, artesás
  • INSTALADORES: electricistas, fontaneros, etc.
  • MATERIAIS: Almacens de materiais, distribuidoras, e comerciais e representantes de productos
  • VARIOS: O resto de recursos que non pertencen as categorías anteriores como: Auto-constructores que queiran compartir o seu coñecemento, voluntarios, colectivos, etc.

Neste momento, o coordinador deste proxecto é Manuel Otero. Para calquera dúbida, suxerencia ou mellora sobre o cuestionario ou a Guía, para enviar información adicional,  ou se queres axudar á elaboración da guía, podes:

escribir ao correo: espigabioconstrucion@gmail.com

Chamar ao teléfono: 679 967 027 (Manuel)

Todo aquel técnico, empresa, artesá, etc. que queira ser incluida na GUÍA DE RECURSOS por favor entrade na guia e enviara un informe coas vosos datos, enchede o formulario que se inclúe na guia.

Se sabedes de algún recurso que podería estar na guía  podedes enviar os seus datos ao correo electrónico para poder contactal@ e incluíl@ na guía.

¿COMO INSCRIBIRSE NA GUÍA?

Se traballas na bioconstrución podes apuntarte ti mesm@ na guía renchendo o formulario que che aparecerá en “envíe un informe”, despois de revisar os teus datos o administrador (Espiga) terá que autorizar a túa entrada na guía.

Se queres cambiar ou engadir datos, fotos, etc. na Guía terás que contactar con Espiga a través da pestaña “contacte connosco” ou enviando un correo a: espigabioconstrucion@gmail.com xa que o programa non permite reeditar a calquera os recursos unha vez introducidos…

Referencias a mapeos a nivel nacional.

http://mapunto.net/ecozoom/

https://redrrr.crowdmap.com/main

LEY DE PROTECCIÓN DE DATOS:

Os datos aquí recollidos están debidamente inscritos na Axencia Estatal de Proteción de Datos, de acordo coa “Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal (Ley 15/1999, de 13 de diciembre)” e se poden mudar ou retirar cando se precise.
Para calquera consulta contactar con: espigabioconstrucion@gmail.com