Organizado por Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución.
Data: 16 – 17 -18 . SETEMBRO. 2016
Lugar: Finca de San Xoán de Tor. Pazo de Tor. Monforte de Lemos
Espiga organiza as cuartas xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.
Comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.
Pola tarde haberá diferentes obradoiros e actividades para os mais pequenos sendo o fío conductor destas xornadas os materiais vexetais na construción.
Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.
Habilitarase unha zona de acampada e festexaremos na festa Guat-ECO.
As xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.
Haberá comidas e ceas con inscripción previa obligatoria
Se non podes visualizar o cartel,
O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas.
¡¡Animamovos a que vos incribades ás comidas!!
Programa
Venres 16
16:00 Presentación dás xornadas
Deputación de Lugo e Concello de Monforte de Lemos
16:25 Presentación da Asociación Espiga
16:45 “Paramentos vivos: Cubertas e muros vexetais” (Urbanarbolismo)
17:45 “Illamentos vexetais” (Verónica Rivero, aparelladora)
18:30 “Illamentos con terra e fibras vexetais” (Tecnoloxía/s Apropiada/s)
19:00 “A comercialización de materiais vexetais na construción” (Bioklimanature)
20:00 Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción
Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).
20:30 Fin dá xornada do venres. Cea conxunta.
Sábado 17
10:00 “Climatización con vexetación, proxecto WCEEVT” (Beatriz Ron, arquitecta)
10:30 “Construción con palla: dende a autoconstrución a prefabricación” (Okambuva)
11:15 “Bambú e Caña. Estrutura natutral” (Bambusa)
11:45 “Programa de investigación co Micelio como material de illamento” (Espiga, Grupo Micolóxico Galego e A Revolta)
12:15 Pausa café
12:30 “Materiais de construción con cáñamo” (Cannabric)
13:30 “Construción viva” (Artesá Idoia Cuesta)
14:00 Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción
Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).
14:30 Fin da xornada de mañá. Xantar conxunto de tódolos asistentes as xornadas.
16:30 Obradoiros
Teitos de palla: Preparación da palla e elaboración dun anaco de teito de palla tradicional. (Construpiedra)
Estruturas de bambú. Elaboración de unións de bambú. (Bambusa)
Muros de palla. Manexo de balas de palla para construir muros. (Okambuva)
Estruturas de vimbio e saúco. (Artesá Idoia Cuesta)
20:30 Fin dá xornada do sábado. Cea conxunta.
Paralelamente levaranse a cabo dous obradoiros familiares, dedicados especialmente aos nenos
11:00 Ruta polo bosque para coñecer as plantas silvestres. Usos e aproveitamento. (Patri Puga)
16:00 Elaboración de cestas de médula. (Artesán da Deputación)
Domingo 18
11:00 “Canapalea. Construción con cáñamo: Formación e difusión como alianza entre paises” (IEB-Instituto Español de Baubiologie)
12:00 Creación de cúpulas xeodésicas e figuras xeométricas (Víctor González, arquitecto)
14:00 Despedida e peche dás xornadas. Xantar conxunto.
Exposición permanente: Materiais de bioconstrución e mostras de cubertas vexetais. Colección propia de Juan Bello Llorente.
Terá unha inauguración oficial na xornada do venres e estará aberta durante toda a duración das xornada para que poida ser visitada nos tempos de descanso e outros.
Ola! Gustaríame saber onde podo inscribirme ás xornadas.
Grazas, un saudo
[…] próximo 16/18 de Septiembre participaremos en las IV Jornadas de bioconstrucción organizadas por ESPIGA, Asociación Gallega para la Bioconstrucción. El tema es “Materiales vegetales en la […]
Hola buenas quisiera saber el precio de las jornadas.
About the Author