Sen verificar

Carpintería Rebordelo, S.C.

15259 Rebordelo, A Coruña, Spain

Descripción
Carpintería Rebordelo, S.C. xorde da transformación dun pequeno taller familiar de carpintería e ebanistería asentado no lugar de Rebordelo, na comarca de Muros. Con máis de 40 anos de tradición no traballo da madeira, apostamos por ofrecer un produto de gran calidade e detalle no acabado, buscando sempre o maior grado de satisfacción do cliente.

Nos últimos 15 anos especializámonos no eido da rehabilitación, desenvolvendo numerosos proxectos de renovación en cascos históricos, coma o de Muros ou Santiago de Compostela.

Colaboramos con arquitectos e equipos técnicos altamente cualificados e moi esixentes, e así foi -e continúa sendo- como adquirimos coñecemento e experiencia na construción, rehabilitación e restauración de estruturas, tarimas, cubertas, escaleiras, portas, ventás, etc.
Tamén nos enfocamos cara a restauración de moble antigo e a fabricación de mobiliario a medida, con deseños propios ou personalizados en colaboración co cliente .


Traballamos toda clase de madeiras, e valoramos e defendemos este material como elemento natural que brinda numerosas vantaxes á sociedade, que aporta enerxía, calidez, armonía, que é indispensable na construción e que empregado e xestionado de forma eficiente nos asegura un futuro sostible.

Contamos cos medios necesarios e cun equipo profesional capacitado para desenvolver con éxito calquera proxecto. Somos optimistas nese sentido, xa que sempre fomos quen de levar a bo fin todas as encargas, en prazo e cun nivel de calidade moi elevado.


Nunca deixamos de innovar, mellorando as nosas instalacións, ferramentas e equipos para adaptarnos ás necesidades de cada proxecto; incorporando novos materiais e sistemas construtivos; formándonos para aplicar novas técnicas, etc.

En 2014 abrimos a nosa web e a páxina de facebook. Dende 2015 contamos cunha Oficina Técnica propia que asesora ao cliente antes, durante e despois das obras; realiza proxectos de mobiliario, ...


Actualmente estamos traballando en diversos proxectos de construción integral en madeira, porque consideramos que é o material máis axeitado para unha construción duradeira, enerxéticamente eficiente, sostible e saudable.
Datos
Nome comercial: Carpintería Rebordelo, S.C.
Enderezo: Lugar de Rebordelo S/N
Cidade/Vila/Lugar: Muros
Concello: Muros
Provincia: A Coruña
Código Postal: 15250
Correo electrónico: info@carpinteriarebordelo.com
Sitio Web: www.carpinteriarebordelo.com
Teléfono: 610491380

Credibilidade: UP DOWN 1

Fichas similares

Ecofogar

15245 Outes, A Coruña, Spain, 7.84 Kms

ARQUISOLUX CARBUTTI S.L.

Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Spain, 20.3 Kms

Miguel Serrano Gómez

Santiago de Compostela, A Coruña, Spain, 26.05 Kms

Luis Braña, arquitecto

Santiago de Compostela, A Coruña, Spain, 26.05 Kms

SUMMA Consultoría de Feng Shui

Rúa Concepción Arenal Santiago de Compostela, 26.09 Kms