CUPULAS XEODESICAS

Byespiga_biocons

CUPULAS XEODESICAS

Obradoiro de cupulas xeodesicas e estructuras triangulares

cupulas_1

Neste obradoiro crearemos unha serie de figuras xeométricas tridimensionais, e así aprenderemos os principios básicos das estructuras triangulares, varios poliedros básicos, continuando con cúpulas e bóvedas xeódesicas.

Baseándonos no aprendido construiremos as nosas propias estructuras.

Data: 21.MAIO.2017

Horario: 16h00-19h00

Lugar: Parque de Santa Margarita (A Coruña) (Ver mapa)

Participantes: 15

A actividade é gratuita en grupo, é preciso inscripción previa. 

Buscamos potenciar a creatividade a través da construción, á vez que reflexionamos sobre ela. Estas construcións efémeras canalizan novas ideas sobre a utilización do espazo público e a participación social, conectando a cidade e a natureza. Unha forma diferente de adaptarse ás necesidades da contorna, construídas con materiais innovadores e reciclables, de baixo custo, de forma colectiva e coa posibilidade de construirse en case calquera lugar, desmontarse, en caso de ser necesario-

Dirixido a: todolas persoas a partir de 8 anos.

Qué precisas: trae as túas luvas e moitas ganas de construir

Facilitadores: Victor González, arquitecto e membro de Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución.

About the Author

espiga_biocons administrator

1 Comment so far

JaronPosted on  5:21 p.m. - Set 14, 2017

non me deixa inscribirme

Leave a Reply