Itinerarios Obras Bioconstrución

Definición

Organización de itinerarios onde poder visitar exemplos construidos de bioconstrución en Galicia

Obxectivos

O obxectivo destes itinerarios é a divulgación das obras e lugares de interés para a bioconstrución en Galiza, tanto para o público xeral coma para especialistas e técnicos.

O alcance destes itinerarios poderá ampliarse a outras rexions nun futuro.

Descrición

Trátase do deseño e publicación de diferentes itinerarios no territorio galego, no cal esteñan indicadas as diferentes edificios construidos ou en construción, así coma lugares de interés para o mundo da bioconstrución. Os itinerarios han de ter o permiso específico do propietario (no caso de edificios privados) para o acceso aos mesmos, así como para a visita do mesmo. En calqueira caso, só se facilitarán localizacións aproximadas dos edificios e os datos de contacto para concretar visitas.

Realizarase un listado analizado das obras realizadas baixo criterios de saúde e ecoloxía, detallando instalacións, materiais, suministradores, especialistas, etc.

Outros lugares de interés poden ser, obradoiros de artesáns, instalacións de produción de materiais ecolóxicos, etc.

De forma eventual poderanse organizar visitas guiadas por algúns dos itinerarios.