Tag Archives: asamblea

Byespiga_biocons

ASEMBLEA ANUAL 2016

 

Pola presente convocamos a todas a asistir a Asemblea Xeral 2016.

Esta terá lugar en Palas de Rei, o día 30 de xaneiro, sábado, no centro Comarcal A Ulloa (Avenida de Compostela nº55).

Acompañase a orde do día provisional nun arquivo adxunto.

Queremos aproveitar esta ocasión para xuntarnos e falar da asociación e das posibilidade das mesma. Por isto temos programado xuntarnos todo o sábado. Pola mañá teremos a parte mais formal da asemblea, que propoñen os estatutos (aprobación de contas e orzamentos, aprobación de cotas etc, e memoria de xestión), despois ter unha comida de confraternización e pola tarde teremos tempo para falar tranquilamente en grupos e asemblea de temas que sexan de interese para a asociación: como nos queremos organizar, como levamos a cabo os distintos proxectos, como intercambiamos a información, como gardamos a información, como difundimos as nosas actividades, como participamos e facemos participar a sociedade…..

É moi importante que nos xuntemos tanto socios, como voluntarios e interesados en xeral, para ter unha visión o mais ampla posible.

Para poder organizar a comida e os lugares de encontro necesitamos ter unha idea da xente que imos xuntarnos, polo que pregamos que si estás interesado en vir, devolvas un correo o mais axiña que podas, co teu nome, telefono e lugar(para organizar tamén a viaxe), indicando as sesións nas que estarás presente (mañá. comida, tarde).

A comida a teremos nun establecimento cercano, e a prezo asequible, ainda sen concretar.

 

Unha aperta,

Santiago de Compostela a 13 de xaneiro do 2016.

Byespiga_biocons

1ª ASAMBLEA XERAL ORDINARIA. DIA 18 DE DECEMBRO DE 2013. CASA DAS ASOCIACIÓNS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O dia 18 de decembro,  mercores as 17:00 horas en segunda convocatoria teremos a nosa primeira Asamblea Xeral .  Será na Casa das Asociacións na Antiga Estación de Cornes, rúa Manuel Beiras de Santiago de Compostela, 15706.

E para os socios, pero está aberta a todos os interesados na bioconstrución e na asociación.

Achegate e participa.

CONVOCATORIA

ASAMBLEA XERAL ANUAL DE ESPIGA 2013

O mercores 18 de decembro de 2013, as 16:30 horas, en primeira convocatoria e as 17:00 horas en segunda convocatoria, en Santiago de Compostela, na casa das Asociacións na rúa Manuel beiras (antiga Estación de Cornes).

ORDEN DEL DÍA:

  • Informe da Presidenta.
  • Informe de Tesourería: balance económico provisional do ano 2.013, debate e aprobación se procede das cuotas de socios para o ano 2014, e presentación, debate e aprobación se procede, do orzamento do ano 2014
  • Memoria de actividades realizadas no ano 2.013.
  • Informe do estado e avance dos proxectos en marcha:
    1. Guia de recursos de bioconstrución en Galicia
    2. Base de datos de sistemas bioconstrutivos adaptados a Galicia
    3. Programa de recuperación do uso da cal en Galicia
  • Rogos e preguntas.

A asamblea está aberta aos socios e as persoas interesadas na Asociación, ainda que non sexan socios. Rogamos a asistencia a mesma a todos.

Santiago de Compostela, 3 de Decembro de 2013

Atentamente

Miguel Serrano Gómez

Secretario de ESPIGA