Espiga

ESPIGA, Asociación Galega para a Bioconstrucción, é unha asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 para satisfacer a necesidade social de reunión de profesionais e particulares interesados no uso de materiais sostibles, vivendas libres de tóxicos, eficiencia enerxética e respecto social na construción.

OS FINS de Espiga son a investigación, desenvolvemento, divulgación e formación necesarias para unha construción sa, sostible, eficiente e ética que irán conformando a materialización dunha nova forma de concibir a construción máis orientada á vida, á saúde dos futuros usuarios e por ende á saúde do ámbito global ou medio no que se desenvolva.

cropped-cropped-DSCF2656.jpg

 

OS PRINCIPIOS

Construción sa: Perséguese que a edificación sexa saudable para os seus moradores, para iso promovémo-los seguintes principios:

– Elección da localización máis favorable e integración urbanística positiva.

– Avaliación de factores de risco en torno á edificación como son a contaminación acústica, fontes de contaminación electromagnética naturais e artificiais e fontes de contaminación ambiental.

– Utilización de criterios de bioconstrución como son: deseño bioclimático, uso de envolventes higroscópicas ou transpirables, uso de materiais sans e naturais, aproveitamento da luz natural, minoración da contaminación eléctrica e electromagnética no interior das edificacións e consecución dunha boa calidade do aire no interior das edificacións.

Construción sostible: Promóvese a redución do impacto ambiental da edificación e a utilización de materiais que requiran pouca enerxía para a súa produción e/ou transformación. E buscase tamén minimizar o consumo de recursos non renovables así como a xeración de residuos contaminantes promovendo a reciclaxe e utilización de produtos e materiais locais evitando grandes transportes.

Construción eficiente: Foméntase o aforro de enerxía e de auga así como o uso de enerxías renovables. Promóvense sistemas sinxelos, económicos, respectuosos, que non se esgoten e que permitan a máxima descentralización, buscando unha autosuficiencia máxima. Favorécese a arquitectura bioclimática, reducindo grazas ao deseño, ao aproveitamento solar pasivo e á correcta elección de sistemas construtivos e de instalacións, as necesidades de calefacción e climatización co conseguinte aforro de enerxía.

Construción ética: Apóianse proxectos e iniciativas que sexan respectuosas coas persoas, familias, comunidades e co medio e que xeren un desenvolvemento sostible. Dentro do marco da bioconstrución foméntanse os seguintes principios e valores: respecto, responsabilidade, xustiza, honestidade, consistencia e transparencia.

 

OS MEDIOS de ESPIGA

Apoio técnico: Facilitar o achegamento entre profesionais e usuarios vinculados á bioconstrución

Divulgación: Mediante participación/organización en feiras sectoriais, conferencias, foros e xornadas específicas que podan chegar á maior parte dos ámbitos sociais tanto públicos como privados.

Formación: Realización de cursos experimentais e obradoiros específicos para dar a coñecer a metodoloxía e tecnoloxía inherentes ó proceso da bioconstrución.

Investigación e Desenvolvemento: Relacionados tanto coas innovacións técnicas do sector da construción, como có estudo e desenvolvemento específico de materiais biocompatibles (sustentables) a utilizar neste ámbito.

espiga1

OS SOCIOS

O equipo de ESPIGA está formado por os seguintes socios

Socios Corporativos

Sistemas Eficientes Ecofogar | Estufas de mampostería de alto rendimiento

Av. Rocío, 40 C.P. 15230, Outes (A Coruña)  |  Tef. : +34 658 928 672 (Manuel Vázquez

901_ECOFOGARlogo

Socios Numerarios

Alessandro Carbutti, Ángel Rodal Antepazo, Ángela Martínez Lago, Antonio López, Breogán Udias López, Carolina Sánchez Sanz, Concepción Fernández Ferreiro, Damián Prado Álvarez, Divina Pérez Viña, Eva Abal Tobio, Eva Crecente Dapena, Fátima Domínguez Portela, Gabriel Díaz Sueiro, Guido Alfonso Tomasini, Heitor Rodal, Jesús Felipe González García, Jesús Manuel González Iglesias, José Luis Alonso Rodríguez, José Miguel Pérez Bermúdez, Laura Otero Ogando, Luciano López Hernández, Luis Méndez Estévez, Marcelo Lamas Hernández, Marcos Fuentes Sánchez, Marcos Zacarias, María Fernández Macho, Marta Trasancos Yáñez, Martín García Lemos, Martín Moreda García-Echave, Montse Valencia, Paul Van der Mel, Paula Gallego Barril, Paula González Vázquez, Roberto Rodríguez Álvaro, Roberto Roget Antelo, Rosalía Fernández Pardo, Rosalidia Álvarez Hernández, Rubén Escuredo, Rupert Kolb, Santiago González Iglesias, Víctor González García-Echave, Xabier Bernárdez Fresco

Socios Fundadores

Ana Recuna Carrasco, Antonio Manuel Seijas Pardo, Carolina Martínez García, Ignacio Mendizábal Herrero, Manuel Otero Alonso, Miguel Serrano Gómez, Xulio Fernández Pazó

bioconstrución

 

A XUNTA DE GOBERNO

A Xunta do Goberno de Espiga, Asociación Galega para a Bioconstrución está composta polos seguintes membros:

  • Presidenta: Carolina Martínez García | Arquitecta técnica | A Coruña
  • Vicepresidente: Antonio Seijas Pardo | Arquitecto Técnico / Prospector geobiológico | Sada (A Coruña)
  • Tesoureiro: Xulio Fernández Pazó | Arquitecto técnico | Vigo (Pontevedra)
  • Secretario: Miguel Serrano Gómez | Arquitecto | Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Vogal: Ignacio Mendizábal Herrero | Arquitecto | Ferrol (A Coruña)
  • Vogal: Angela Martínez Lago | Arquitecta | Narón-Ferrol (A Coruña)
  • Vogal: F. Xabier Bernardez Fresco
  • Vogal: Antonio López

 

1 Comment so far

Miguel García RguezPosted on  9:35 a.m. - Xuñ 19, 2013

Benvidos.Son delineante e topografo e dende hai un tempo estou interesado na bioconstruccion e na permacultura. Alegrome de que por fin dita asociación se faga visible.
Ata pronto.un saudo

Comments are closed.