DETALLES CONSTRUTIVOS
Elaboración dunha base de datos onde se recompilen as diferentes solucións constructivas contempladas en bioconstrución para todo tipo de pechamentos, cubertas, forxados, chans, estruturas, e todo o que necesites! O obxectivo é facilitar ós técnicos, constructores e autoconstructores a incorporación de solucións constructivas máis saudábeis nas obras e proxectos. Cada solución ha de incorporar as seguintes características:
- Definición
- Detalle gráfico
- Descripción das ventaxas bioclimáticas e técnicas
- Datos térmicos y acústicos
- Datos sobre consumo de energía de la solución
- Pegada de carbono (emisións CO2, contaminacion ambiental…)
- Cumplimento da normativa vixente
- Fichas técnicas dos materiais
- Prezo de execución m2 aproximado.
DESGARGAS
Aquí chas deixamos! Recorda que aceptamos toda crítica ou corrección. E se tes algunha outra distinta ou che gustaría que a fixesemos, non o dubides e participa no noso grupo de traballo. aportacións a espigabioconstrucion@gmail.com
M_01_8_GL | Muro de perpiaño existente trasdosado interior illado con 6 cm de la de ovella. |
M_02_GL | Muro de pedra existente revestido por ambas caras con mortero de cal e cortiza |
M_03_8_GL | Muro de duas follas cerámicas (ladrillo oco e termoarxila) co cámara illada de 8cm de cortiza |
M_04_GL | Muro de balas de palla revestido con cal e barro no interior |
M_05_10_GL | Muro de madera contralaminada illada polo exterior con 10cm de cortiza |
C_01_12_GL | Cuberta ventilada de tella sobre madeira illada con 12cm de cortiza |
C_02_12_GL | Cuberta vexetal quente sobre taboleiro de madeira illada con 12cm de cortiza |
S_01_6_GL | Forxado sanitario cerámico sobre sobre tabiquillos illado con 6cm de cortiza |
S_02_8_GL | Forxado de madeira illado con 8cm de cortiza |
S_03_8_GL | Forxado sanitario de madeira contralaminada illado con 8cm de fibras de madeira |
VI Xornadas de bioconstrución. Arquitectura vernácula e os seus oficios.
As sestas xornadas de bioconstrución desenroláronse en setembro de 2019, na finca anexa ao Pazo de Tor en Monforte de Lemos.
O tema sobre o que discorreron as xornadas foi a arquitectura vernácula e os seus oficios. Desde Espiga poñemos a vosa disposición os as presentación en formato pdf nesta ligazón. Podedes tamén ver todas as conferencias a través da nosa canle de Youtube.
Nos seguintes enlaces podedes descargar as presentacións e s videos das xornadas.
VII Xornadas de Espiga. Bioconstrucion no medio urbano.
As setimas xornadas de bioconstrucion desenrolaronse en setembro de 2022, no Teatro da Beneficencia. Ortigueira. A Coruña.
O tema foi a bioconstrución no medio urbano. As xornadas discorrerán en cinco bloques temáticos, onde se tratarán estes temas:
Cidade e territorio, Instalacións urbanas, Exemplos de obra nova, Rehabilitación e reformas.
Desde Espiga poñemos a disposición as presentación das xornadas en formato pdf, tamén podedes ver todas as conferencias a través da nosa canle de Youtube, nos videos da autoria de José Manuel Rosales Noves.