arquitecturavernacula

ARQUITECTURA VERNÁCULA E OS SEUS OFICIOS

Organizado por Espiga. Asociación galega para a bioconstrución

Data: 13-14-15. SETEMBRO.2019

Lugar: Pazo de Tor, Monforte, Lugo

Espiga organiza as sextas Xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.

A proposta para este ano é a arquitectura vernácula e os seus oficios. Dende Espiga consideramos que a base da bioconstrución é a arquitectura propia do lugar. Esa arquitectura onde prima o uso de materiais locais, o coñecemento do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, as técnicas tradicionais, a construción segundo o modo de vivir…todo iso, conformando un legado ás veces esquecido e non respetado en moitas das intervencións actuais.

O interese da Asociación nestas Xornadas é a de visibilizar, apoiar  e reunir nun grande evento ós profesionais existentes neste campo e á sociedade interesada nunha construción máis responsable social, cultural e ambientalmente na nosa terra.

 

 As Xornadas comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.

O sábado haberá diferentes obradoiros e actividades, tamén para os mais pequenos.

Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.

Habilitarase unha zona de acampada libre como en anos anteriores. 

Haberá almorzos, comidas e ceas con inscripción previa obligatoria

O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas. As inscricións estarán abertas en breves.

As Xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.

 ¿Por que facer as comidas nas xornadas? 

Para evitar traslados de coches, retrasos, presas…

Porque polo mesmo prezo comes tranquilo, e non tes que buscar onde comer e desprazarte

Porque a comida é de producción de cercanía, ecolóxica, saudable, elaborada con moito agarimo e ademais está boísima.

Porque a imos preparar nas mesmas xornadas, e co arrecendo non te vas a poder resistir ( alí xa será tarde para reservar)

Porque é un prezo moi axustado que aínda por riba bota unha man a asociación (lembrade que as conferencias son gratuítas)

Porque o ambiente do xantar é espectacular, e permite achegarte a xente coa que tes moitos intereses comúns… ¡fai novos amigos e amigas!

Porque o entorno é un luxo e se quedas a comer terás tempo de disfrutalo.

¿Por que pagalas por adiantado e vía transferencia?

Para evitar aglomeración no acceso as xornadas.

Para evitar problemas de cambio e manexar diñeiro alí.

Facilitar as voluntarias e voluntarios da organización a xestion de tanta xente

E o máis importante: deste xeito confirmamos o número de asistentes, o que prevén facer comida de máis ou de menos.

 ¡¡Animámovos a que vos incribades ás comidas!!