MAPEO DE RECURSOS DE BIOCONSTRUCIÓN
Este Mapeo pretende ser un referente para todos aqueles interesados na bioconstrución na Galiza, para crear rede entre profesionais, compartir coñecementos e axudar a todos os que queren unha construción sá.
Cos dados aquí recollidos xeramos unha guía no que cada recurso será representado por un punto no mapa enlazado tamén a unha lista das fichas de tódolos recursos clasificados por categorías.
Espiga non ten ningún tipo de vinculación cos profesionais que decidiron visibilizarse nel, e tampouco pode garantir que o seu traballo e a información facilitada por estes sexan correctos, veraces ou de calidade. Así, dende Espiga recomendamos informarse previamente e pedir credenciais de calidade ós profesionais aquí enumerados antes de contratar os seus servizos.
Descrición
Trátase de elaborar e manter unha base de datos actualizada, coas diferentes empresas, colectivos e artesans que se adican de forma profesional ao sector da bioconstrución en Galicia.
A guía é virtual a través da web da Asociación, que será actualizada continuamente. Poderase editar de forma periódica nunha versión física para distribuir en ferias, congresos, asociacións, etc.
A guía organízase por grupos ou categorías:
- TÉCNICOS: Persoas cun perfil técnico: arquitectas, aparelladoras , enxeñeiras, biólogas, técnicas medioambientais… que nos axuden a desenrolar o noso proxecto.
- OFICIOS: Empresas constructoras, especialistas de distintos oficios da construción, artesás
- INSTALADORES: electricistas, fontaneros, etc.
- MATERIAIS: Almacens de materiais, distribuidoras, e comerciais e representantes de productos
- VARIOS: O resto de recursos que non pertencen as categorías anteriores como: Auto-constructores que queiran compartir o seu coñecemento, voluntarios, colectivos, etc.
Para calquera dúbida, suxerencia ou mellora sobre o cuestionario ou a Guía, para enviar información adicional, ou se queres axudar á elaboración da guía, podes escribir ao correo: espigabioconstrucion@gmail.com
Todo aquel técnico, empresa, artesá, etc. que queira ser incluida na GUÍA DE RECURSOS por favor entrade na guia e enviade un informe cos vosos datos, cubrindo o formulario que se inclúe na mesma.
Se sabedes de algún recurso que podería estar na guía podedes enviar os seus datos ao correo electrónico para poder contactal@ e incluíl@.
¿COMO INSCRIBIRSE NA GUÍA?
Se traballas na bioconstrución podes apuntarte ti mesm@ na guía renchendo o formulario que che aparecerá en “envíe un informe”, despois de revisar os teus datos o administrador (Espiga) terá que autorizar a túa entrada na guía.
Se queres cambiar ou engadir datos, fotos, etc. na Guía terás que contactar con Espiga a través da pestaña “contacte connosco” ou enviando un correo a: espigabioconstrucion@gmail.com xa que o programa non permite reeditar a calquera os recursos unha vez introducidos…
Referencias a mapeos a nivel nacional.
https://redrrr.crowdmap.com/main
LEY DE PROTECCIÓN DE DATOS:
Os datos aquí recollidos están debidamente inscritos na Axencia Estatal de Proteción de Datos, de acordo coa “Ley Orgánica de Protección de Datos de Carácter Personal (Ley 3/2018)” e se poden mudar ou retirar cando se precise mediante un correo a: espigabioconstrucion@gmail.com