DETALLES CONSTRUTIVOS

Elaboración dunha base de datos onde se recompilen as diferentes solucións constructivas contempladas en bioconstrución para todo tipo de pechamentos, cubertas, forxados, chans, estruturas, e todo o que necesites! O obxectivo é facilitar ós técnicos, constructores e autoconstructores a incorporación de solucións constructivas máis saudábeis nas obras e proxectos. Cada solución ha de incorporar as seguintes características:

  • Definición
  • Detalle gráfico
  • Descripción das ventaxas bioclimáticas e técnicas
  • Datos térmicos y acústicos
  • Datos sobre consumo de energía de la solución
  • Pegada de carbono (emisións CO2, contaminacion ambiental…)
  • Cumplimento da normativa vixente
  • Fichas técnicas dos materiais
  • Prezo de execución m2 aproximado.

DESGARGAS

Aquí chas deixamos! Recorda que aceptamos toda crítica ou corrección.  E se tes algunha outra distinta ou che gustaría que a fixesemos, non o dubides  e participa no noso grupo de traballo. aportacións a  espigabioconstrucion@gmail.com

M_01_8_GL Muro de perpiaño existente trasdosado interior illado con 6 cm de la de ovella.
M_02_GL Muro de pedra existente revestido por ambas caras con mortero de cal e cortiza
M_03_8_GL Muro de duas follas cerámicas (ladrillo oco e termoarxila) co cámara illada de 8cm de cortiza
M_04_GL Muro de balas de palla revestido con cal e barro no interior
M_05_10_GL Muro de madera contralaminada illada polo exterior con 10cm de cortiza
C_01_12_GL Cuberta ventilada de tella sobre madeira illada con 12cm de cortiza
C_02_12_GL Cuberta vexetal quente sobre taboleiro de madeira illada con 12cm de cortiza
S_01_6_GL Forxado sanitario cerámico sobre sobre tabiquillos illado con 6cm de cortiza
S_02_8_GL Forxado de madeira illado con 8cm de cortiza
S_03_8_GL Forxado sanitario de madeira contralaminada illado con 8cm de fibras de madeira

 VI Xornadas de bioconstrución. Arquitectura vernácula e os seus oficios.

As sestas xornadas de bioconstrución desenroláronse en setembro de 2019, na finca anexa ao Pazo de Tor en Monforte de Lemos.

O tema sobre o que discorreron as xornadas foi a arquitectura vernácula e os seus oficios. Desde Espiga poñemos a vosa disposición os as presentación en formato pdf nesta ligazón. Podedes tamén ver todas as conferencias a través da nosa canle de Youtube.

Nos seguintes enlaces podedes descargar as presentacións e s videos das xornadas.

 VII Xornadas de Espiga. Bioconstrucion no medio urbano.

As setimas xornadas de bioconstrucion desenrolaronse en setembro de 2022, no Teatro da Beneficencia. Ortigueira. A Coruña.

O tema foi a bioconstrución no medio urbano. As xornadas discorrerán en cinco bloques temáticos, onde se tratarán estes temas:

Cidade e territorio, Instalacións urbanas, Exemplos de obra nova, Rehabilitación e reformas.

Desde Espiga poñemos a disposición as presentación das xornadas en formato pdf, tamén podedes ver todas as conferencias a través da nosa canle de Youtube, nos videos da autoria de  José Manuel Rosales Noves.