ARQUITECTURA VERNÁCULA E OS SEUS OFICIOS
Organizado por Espiga. Asociación galega para a bioconstrución
Data: 13-14-15. SETEMBRO.2019
Lugar: Pazo de Tor, Monforte, Lugo
Espiga organiza as sextas Xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.
A proposta para este ano é a arquitectura vernácula e os seus oficios. Dende Espiga consideramos que a base da bioconstrución é a arquitectura propia do lugar. Esa arquitectura onde prima o uso de materiais locais, o coñecemento do lugar a nivel topográfico, climático e cultural, as técnicas tradicionais, a construción segundo o modo de vivir…todo iso, conformando un legado ás veces esquecido e non respetado en moitas das intervencións actuais.
O interese da Asociación nestas Xornadas é a de visibilizar, apoiar e reunir nun grande evento ós profesionais existentes neste campo e á sociedade interesada nunha construción máis responsable social, cultural e ambientalmente na nosa terra.
As Xornadas comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.
O sábado haberá diferentes obradoiros e actividades, tamén para os mais pequenos.
Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.
Habilitarase unha zona de acampada libre como en anos anteriores.
Haberá almorzos, comidas e ceas con inscripción previa obligatoria
O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas. As inscricións estarán abertas en breves.
As Xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.
¿Por que facer as comidas nas xornadas?
Para evitar traslados de coches, retrasos, presas…
Porque polo mesmo prezo comes tranquilo, e non tes que buscar onde comer e desprazarte
Porque a comida é de producción de cercanía, ecolóxica, saudable, elaborada con moito agarimo e ademais está boísima.
Porque a imos preparar nas mesmas xornadas, e co arrecendo non te vas a poder resistir ( alí xa será tarde para reservar)
Porque é un prezo moi axustado que aínda por riba bota unha man a asociación (lembrade que as conferencias son gratuítas)
Porque o ambiente do xantar é espectacular, e permite achegarte a xente coa que tes moitos intereses comúns… ¡fai novos amigos e amigas!
Porque o entorno é un luxo e se quedas a comer terás tempo de disfrutalo.
¿Por que pagalas por adiantado e vía transferencia?
Para evitar aglomeración no acceso as xornadas.
Para evitar problemas de cambio e manexar diñeiro alí.
Facilitar as voluntarias e voluntarios da organización a xestion de tanta xente
E o máis importante: deste xeito confirmamos o número de asistentes, o que prevén facer comida de máis ou de menos.
¡¡Animámovos a que vos incribades ás comidas!!
4 Responses to “VI Xornadas de Bioconstrución. Arquitectura vernácula e os seus oficios”
Hola!!
Quería apuntarme a las jornadas, ¿ya están abiertas las incripciones?
Muchas gracias
Bos días, Beatriz.
Hoxe abren as inscripcions, poden realizarse a traves do boton de inscripciones na web
Ola,
Parabéns polas jornadas!
Queria perguntar se vai ser transmitida ou publicada na web alguma parte polo menos, pois som das muitas persoas interessadas que nom podemos assistir… 🙂
[…] programa, ademais de charlas, táboas redondos e obradoiros, proxectarase un documental o venres 13 pola […]