materiais vexetais

Cartel das IX Xornadas de Bioconstrución. Materiais Vexetais na construción

Organizado por Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución.

Data: 16 – 17 -18 . SETEMBRO. 2016 

Lugar: Finca de San Xoán de Tor. Pazo de Tor. Monforte de Lemos

Espiga organiza as cuartas xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.

Comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.

Pola tarde haberá diferentes obradoiros e actividades para os mais pequenos sendo o fío conductor destas xornadas os materiais vexetais na construción.

Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.

Habilitarase unha zona de acampada e festexaremos na festa Guat-ECO.

As xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa. 

Haberá comidas e ceas con inscripción previa obligatoria

Se non podes visualizar o cartel,

O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas.

¿Por que facer as comidas nas xornadas? 

  • Para evitar traslados de coches, retrasos, presas…
  • Porque polo mesmo prezo comes tranquila, e non tes que buscar onde comer e desprazarte
  • Porque a comida é de producción de cercanía, ecolóxica, saudable, elaborada con moito agarimo e ademais está boísima.
  • Porque a imos preparar nas mesmas xornadas, e co arrecendo non te vas a poder resistir ( e alí xa será tarda para reservar)
  • Porque é un prezo moi axustado que aínda po riba bota unha man a asociación (lembrate que as conferencias son gratuítas)
  • Porque o ambiente do xantar é espectacular, e permite achegarte a xente coa que tes moitos intereses comúns… fai novos amigos e amigas!
  • Porque o entorno é un luxo e se quedas a comer terás tempo de disfrutalo.

¿Por que pagalas por adiantado e vía transferencia?

  • Para evitar aglomeración no acceso as xornadas.
  • Para evitar problemas de cambio e manexar diñeiro alí.
  • Facilitar as voluntaris e voluntarios da organización a xestion de tanta xente
  • E o máis importante: deste xeito conf´rimamos o número de asistentes, o que prevén facer comida de máis ou de menos.

¡¡Animamovos a que vos incribades ás comidas!!

 

Programa

Venres 16

16:00    Presentación dás xornadas

               Deputación de Lugo e Concello de Monforte de Lemos

16:25    Presentación da Asociación Espiga

16:45   “Paramentos vivos: Cubertas e muros vexetais” (Urbanarbolismo)

17:45   “Illamentos vexetais” (Verónica Rivero, aparelladora)

18:30   “Illamentos con terra e fibras vexetais” (Tecnoloxía/s Apropiada/s)

19:00   “A comercialización de materiais vexetais na construción” (Bioklimanature)

20:00   Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción

              Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).

20:30  Fin dá xornada do venres. Cea conxunta.


Sábado 17

10:00    “Climatización con vexetación, proxecto WCEEVT” (Beatriz Ron, arquitecta)

10:30    “Construción con palla: dende a autoconstrución a prefabricación” (Okambuva)

11:15    “Bambú e Caña. Estrutura natutral” (Bambusa)

11:45    “Programa de investigación co Micelio como material de illamento” (Espiga,  Grupo Micolóxico Galego e A Revolta)

12:15    Pausa café

12:30    “Materiais de construción con cáñamo” (Cannabric)

13:30    “Construción viva” (Artesá Idoia Cuesta)

14:00     Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción

                Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).

14:30  Fin da xornada de mañá.  Xantar conxunto de tódolos asistentes as xornadas.

16:30   Obradoiros

  1. Teitos de palla: Preparación da palla e elaboración dun anaco de teito de palla tradicional. (Construpiedra)

  1. Estruturas de bambú. Elaboración de unións de bambú. (Bambusa)

  1. Muros de palla. Manexo de balas de palla para construir muros. (Okambuva)

  1. Estruturas de vimbio e saúco. (Artesá Idoia Cuesta)

  2. Illamentos con terra e fibras vexetais (Tecnoloxía/s Apropiada/s)

20:30  Fin dá xornada do sábado. Cea conxunta.

Paralelamente levaranse a cabo dous obradoiros familiares, dedicados especialmente aos nenos

11:00    Ruta polo bosque para coñecer as plantas silvestres. Usos e aproveitamento. (Patri Puga)

16:00    Elaboración de cestas de médula.  (Artesán da Deputación)


Domingo 18

11:00  “Canapalea.  Construción con cáñamo: Formación e difusión como alianza entre paises” (IEB-Instituto Español de Baubiologie)

12:00    Creación de cúpulas xeodésicas e figuras xeométricas  (Víctor González, arquitecto)

14:00    Despedida e peche dás xornadas. Xantar conxunto.


Exposición permanente: Materiais de bioconstrución e mostras de cubertas vexetais. Colección propia de Juan Bello Llorente.

Terá unha inauguración oficial na xornada do venres e estará aberta durante toda a duración das xornada para que poida ser visitada nos tempos de descanso e outros.