II Xornadas De Bioconstrución. ESPIGA-ESF. VIGO

Byespiga_biocons

II Xornadas De Bioconstrución. ESPIGA-ESF. VIGO

xornadas bioconstrucion

Organizado por Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución-ESF. Enxeñería sen Fronteiras

Data: 29 SETEMBRO-5 NOVEMBRO. 2016 

Lugar: IES Politécnico de Vigo

As Xornadas de Bioconstrución ESPIGA – ESF xorden da colaboración da Asociación galega para a Bioconstrución ESPIGA e Enxeñería Sen Fronteiras co apoio do programa Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

As I Xornadas de Bioconstrución realizáronse na Universidade da Coruña en 2015, cunha alta valoración. Dando continuación,  a segunda edición levarase a cabo en Vigo a partir do xoves 29 de setembro do 2016, en colaboración co Departamento de Edificación e Obra Civil do IES Politécnico de Vigo.

As xornadas desenvolveranse ao longo de 6 semanas cun ciclo de  conferencias (no salón de actos do IES Politécnico de Vigo), agrupado en catro bloques temáticos que se desenrolaran en cadasúa semana. Incluira  un obradoiro de construción  onde se realizara un bando no xardín do centro do IES Politécnico de Vigo coa técnica  constructiva  en terra do COB.

Ademais habera  unha exposición de materiais naturais e biocompatibles,  poderanse visualizar diferentes sistemas construtivos empregados en bioconstrución e fornos e cociñas solares empregados como recurso didáctico para o aprendizaxe da enerxía solar.

Este ciclo rematara cunhas visitas técnicas na zona de Vigo.

As conferencias e as visitas son de balde. O prezo do obradoiro inclúe material e seguro de responsabilidade civil. O obradoiro e as visitas técnicas teñen aforo limitado, cunha parte reservada ós simpatizantes de Espiga.

Animádevos a participar!!

https://xornadasbioconstrucionvigo.wordpress.com/

About the Author

espiga_biocons administrator

Leave a Reply