Curso de depuración autónoma de augas residuais

Byespiga_biocons

Curso de depuración autónoma de augas residuais

Organizado por Habitat Social. Cooperativa Galega en colaboración con Espiga. Asociación para a bioconstrución de Galicia

Data: 26.XANEIRO – 27.XANEIRO.2017

Lugar: Casa da Fariña. Praza de Azcarraga 9, A Coruña

Obxectivos:
– Comprender os procesos de contaminación das augas residuais urbanas
– Desenvolver a capacidade técnica para poder acometer todas as fases de deseño, xestión administrativa, construción e mantemento dun sistema de depuración autónomo doméstico ou de núcleo, con criterios sustentables.

Poñente:
Javier Santiago Díaz, Enx.Forestal. Tp3 Enxeñería Natural (grupo AGUAinc.)

Público:
Persoas relacionadas coa arquitectura, urbanismo, enxeñería, construción ou autoconstrución, e calquera outra interesada na temática. O número de asistentes limitarase a 30 por cuestións de espazo.

Matrícula: 
Normal: 40 € / Reducida para estudantes, persoas socias de Espiga e pronto pago (ata o 15 de xaneiro): 30 €

Inscricións:
Para inscribirse é necesario envíar un correo electrónico a info@habitatsocial.coop cos seguintes datos: nome e apelidos, dni, dirección e teléfono de contacto xunto co xustificante de ingreso da matrícula no seguinte número de conta:

BIC: CASDESBBXXX       IBAN: ES09 3183 1500 9900 0107 1350

Programa:

26. XANEIRO.2017

16:00. Xestión sostible das augas no medio rural.

  • Tipos de saneamento. Reutilización ou reciclaxe das augas. Drenaxe sostible das augas pluviais. “Raingardens” e outros sistemas de drenaxe sostible de aplicación a pequenos núcleoss
  • Caracterización das augas contaminadas. As augas brutas. Augas residuais urbanas (A.R.U.); As augas pluviais e as augas negras e grises. Defición dos paramétros fisicoquímicos (DBO, DQO MES, etc.). Concepto de habitante equivalente
  • Definición dos parámetros de vertido segundo a tipoloxía de medio de vertido, características dque deben cumprir as augas depuradas para ser vertidas ó medio.

17:30 Ordenación de usos e aproveitamentos.

  • Análise das normativas a seguir dende os estudos previos ata a consecución de vertido ao medio receptor. Autorización de vertido simplificada

18:30 descanso.

19:00 Técnicas de enxeñería aplicadas ao saneamento autónomo.

  • O saneamento autónomo en Galicia. Factores que condicionan un sistema de saneamento. As directrices para saneamento de núcleos de menos de 1.000 habitantes. Saneamento autónomo e saneamento de núcleo. Tipoloxías.
  • Criterios para a selección dun sistema de depuración axeitado. Lugar, Superficie, pendente, evacuación das augas depuradas e outros parámetros. Adopción no deseño duns parámetros de vertido obxectivo axeitados, en función do medio receptor final.

27. XANEIRO. 2017

16:00 Deseño, cálculo e construción dun sistema de depuración autónomo

  • – Deseño do pretratamento. Tipoloxías e parámetros de cálculo.
  • – Deseño e cálculo mediante técnicas convencionais: fosa séptica, leitos bacterianos e dixestores anaerobicos.
  • – Deseño e parámetros de cálculo en humidais construídos.
  • – Deseño e parámetros de cálculo en Filtros Verdes con Macrofitas emerxentes postas en flotación.
  • – Reciclaxe ou reutilización., vertido e infiltración das augas depuradas.
  • – Tipoloxías e técnicas para un correcto mantemento preventivo nos diferentes sistemas.
  • – Xestión de residuos xerados nunha depuradora.

17:30 descanso.

18:00 A construción dun sistema de saneamento.

  • tipoloxías e procedementos construtivos.
  • Análise de custes.
  • Infiltración a terreo, vertido a río ou reutilización das augas depuradas

About the Author

espiga_biocons administrator

Leave a Reply