Curso

Byespiga_biocons

Curso de depuración autónoma de augas residuais

Organizado por Habitat Social. Cooperativa Galega en colaboración con Espiga. Asociación para a bioconstrución de Galicia

Data: 26.XANEIRO – 27.XANEIRO.2017

Lugar: Casa da Fariña. Praza de Azcarraga 9, A Coruña

Obxectivos:
– Comprender os procesos de contaminación das augas residuais urbanas
– Desenvolver a capacidade técnica para poder acometer todas as fases de deseño, xestión administrativa, construción e mantemento dun sistema de depuración autónomo doméstico ou de núcleo, con criterios sustentables.

Poñente:
Javier Santiago Díaz, Enx.Forestal. Tp3 Enxeñería Natural (grupo AGUAinc.)

Público:
Persoas relacionadas coa arquitectura, urbanismo, enxeñería, construción ou autoconstrución, e calquera outra interesada na temática. O número de asistentes limitarase a 30 por cuestións de espazo.

Matrícula: 
Normal: 40 € / Reducida para estudantes, persoas socias de Espiga e pronto pago (ata o 15 de xaneiro): 30 €

Inscricións:
Para inscribirse é necesario envíar un correo electrónico a info@habitatsocial.coop cos seguintes datos: nome e apelidos, dni, dirección e teléfono de contacto xunto co xustificante de ingreso da matrícula no seguinte número de conta:

BIC: CASDESBBXXX       IBAN: ES09 3183 1500 9900 0107 1350

Programa:

26. XANEIRO.2017

16:00. Xestión sostible das augas no medio rural.

  • Tipos de saneamento. Reutilización ou reciclaxe das augas. Drenaxe sostible das augas pluviais. “Raingardens” e outros sistemas de drenaxe sostible de aplicación a pequenos núcleoss
  • Caracterización das augas contaminadas. As augas brutas. Augas residuais urbanas (A.R.U.); As augas pluviais e as augas negras e grises. Defición dos paramétros fisicoquímicos (DBO, DQO MES, etc.). Concepto de habitante equivalente
  • Definición dos parámetros de vertido segundo a tipoloxía de medio de vertido, características dque deben cumprir as augas depuradas para ser vertidas ó medio.

17:30 Ordenación de usos e aproveitamentos.

  • Análise das normativas a seguir dende os estudos previos ata a consecución de vertido ao medio receptor. Autorización de vertido simplificada

18:30 descanso.

19:00 Técnicas de enxeñería aplicadas ao saneamento autónomo.

  • O saneamento autónomo en Galicia. Factores que condicionan un sistema de saneamento. As directrices para saneamento de núcleos de menos de 1.000 habitantes. Saneamento autónomo e saneamento de núcleo. Tipoloxías.
  • Criterios para a selección dun sistema de depuración axeitado. Lugar, Superficie, pendente, evacuación das augas depuradas e outros parámetros. Adopción no deseño duns parámetros de vertido obxectivo axeitados, en función do medio receptor final.

27. XANEIRO. 2017

16:00 Deseño, cálculo e construción dun sistema de depuración autónomo

  • – Deseño do pretratamento. Tipoloxías e parámetros de cálculo.
  • – Deseño e cálculo mediante técnicas convencionais: fosa séptica, leitos bacterianos e dixestores anaerobicos.
  • – Deseño e parámetros de cálculo en humidais construídos.
  • – Deseño e parámetros de cálculo en Filtros Verdes con Macrofitas emerxentes postas en flotación.
  • – Reciclaxe ou reutilización., vertido e infiltración das augas depuradas.
  • – Tipoloxías e técnicas para un correcto mantemento preventivo nos diferentes sistemas.
  • – Xestión de residuos xerados nunha depuradora.

17:30 descanso.

18:00 A construción dun sistema de saneamento.

  • tipoloxías e procedementos construtivos.
  • Análise de custes.
  • Infiltración a terreo, vertido a río ou reutilización das augas depuradas
Byespiga_biocons

Curso de Xeobioloxía e Bioconstrución. As Corcerizas (Ourense). 8 e 9 de novembro 2014

As Corcerizas: Centro de Educación Ambiental, xeobioloxia

Xeobioloxía do terreo e estudos de biohabitabilidade

Unha axeitada prospección da xeobioloxía do terreo daranos información sobre posibles alteracións; aprendendo cómo replantexar o posicionamentoda edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade. Aprenderemos a facer un estudo de Biohabitabilidade e a elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios daBioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. Así como o uso e manutención e a súa vinculación coa saúde.

Bioconstrución entende unha relación de saúde e harmonía entre a vivenda e as persoas, respetando o medio e incorporando sistemas eficientes e aforradores de enerxía. Os días 8 e 9 de Novembro, levaremos a cabo un curso co obxectivo de mostrar os aspectos a ter en conta dende o momento de plantexar o edificio, integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar.

Apúntate canto antes! aquí o PROGRAMA COMPLETO XEOBIOLOXÍA E BIOCONSTRUCIÓN.

  • FORMADORXulio Fernández Pazóarquitecto técnico vinculado coa saúde e Xeobioloxía dende hai máis de 15 anos, orientou os seus proxectos actuais neste eido: www.bioconstruir.es. Actualmente é o presidente fundador da asociación Espiga para a Bioconstrución en Galicia, encargada da difusión e cohesión da Bioconstrución en Galicia, formando, aprendendo e compartindo coñecemento que nos permita disfrutar de espazos saudables para o ser humano: espigabioconstrucion.org
  • DESTINATARIAS: O curso está dirixido ao público en xeral, calquera persoa interesada na mellora da calidade da súa vivenda e da sostibilidade; especialmente dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio,arqueoloxía, etc.
  • IMPORTE DA MATRÍCULA: 70 €

Neste curso pretendese mostrar a importancia de ter en conta varios aspectos dende o momento de plantexar o edificio, elexir o lugar integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar. Unha axeitada prospección da xeobioloxÍa do terreo daranos información sobre posibles alteracións como venas de auga, fallas, redes telúricas, radiofrecuencias artificiais de telefonía e antenas, radioactividade natural, etc.; permitindo replantexar o posicionamento da edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade (vivenda, almacén, estudio). Faremos un estudo de Biohabitabilidade para recoñecer os materiales construtivos, elementos e químicos non aptos; e elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios da Bioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. O uso e manutención dunha edificación bioconstruida, productos químicos, solventes, cloruros, etc. e a súa vinculación coa saúde.

 

para mais información e einscripcións,  pincha aqui

 

Byespiga_biocons

CURSOS TEÓRICO-PRÁCTICOS DE REVESTIMENTOS NATURAIS. Gijón. setembro 2014-febreiro 2015

Ultrravioleta, empresa de produtos de bioconstrución de Gijón, organiza para este outono-inverno un programa de cursos teórico-practicos sobre revestimentos  e técnicas decorativas para paredes con materiais naturais, ecolóxicos e saudables.

Serán en Gijon entre setembro de este ano e febreiro do 2015.

Teñen plazas limitadas e requiren o pago da inscripción

cursosULTRAVIOLETA

Para mais información e inscripción pinchar aquí

Byespiga_biocons

CURSO DE BIOCONSTRUCIÓN. ORTIGUEIRA. 16 e 17 de Agosto de 2014

Os dias 16 e 17 de agosto en ortigueira, no Pazo de Riomaior impartese un curso de iniciación a Bioconstrución a cargo de Javier Ovejero. Versará sobre a construción con barro,  amosando como se prepara o barro, as proporcións adecuada de de arxila e aréa, e as técnicas de aplicación axeitada a obra que queramos facer.

Se fará unha práctica nun ha pequena construción.

A comida corre a cargo das asistentes. Se pode cociñar e disponse de lugar para acampar.

Para sufgragar os custos do curso, este ten un prezo de 20€, ainda que se pode falar en caso de non poder facer fronte ao gasto.

Precisan a confirmación previa da asistenza, para organizar mellor o curso. Para mais información e inscripcións , escribir a enf-p@hotmail.com

 

Casagrande
Lugar de Riomaior S/n
Senra, Ortigueira

Coordenadas google maps: 43.666094,-7.847081

 

cursoORTIGUEIRA

Byespiga_biocons

CURSO DE DESEÑO DE PERMACULTURA. 12-27 de xullo. As Corcerizas. Arnuide (Ourense)


Del 12 al 27 de julio en As Corcerizas, con más de 100 horas!
Apúntate a esta formación ecopedagógica basada en un aprendizaje inclusivo y compartido, vinculando el conocimiento adquirido con las experiencias y circunstancias de la vida diaria.
Manteniendo el respeto por el currículum convencional de 72 horas de un CDP, trabajaremos en la aplicación práctica de la ética, principios, técnicas y conocimiento ecológico y social de la permacultura. Los/as participantes que completen la formación recibirán un certificado reconocido internacionalmente.

 

Mais información e inscripcións en:

http://ascorcerizas.com/central/100129wp/es/2014/05/17/galego-curso-de-deseno-de-permacultura/

 

Byespiga_biocons

CURSOS DE OFICIOS. HOMO FABER. Verao 2014. Mansilla de las Mulas (Leon)

10403653_300274590141085_4230740059625970372_n

 


Estucos a la cal. Técnicas básicas. por Francisco Azconegui Morán y Mónica Martín Sisí.
Fechas: 30 junio – 4 julio
Estucos a la cal. Técnicas avanzadas. por Francisco Azconegui
1ª convocatoria: 14 al 18 julio
2ª convocatoria: 4 al 8 agosto
Iniciación a la carpintería. por Diego Redruello Regidor
Fechas: 28 julio a 1 agosto
Estuco mármol. Técnica de la scagliola (curso de iniciación) por Patrick Tranquart
Fechas: 7 a 11 julio
Estuco mármol. Técnica de la scagliola (curso avanzado) por Patrick Tranquart
Fechas: 25 agosto a 1 septiembre
Estos son los más relacionados con la bioconstrución, pero ofrecen más…
Más info:
Francisco Azconegui
El Postigo 7/9
Mansilla de las Mulas
24210 León
647 458 235 – 620 594 865
homofaber.cursos@gmail.com

Para mais información e inscripcións:

https://www.facebook.com/pages/HOMO-FABER-Cursos-Oficios/176933309141881

Byespiga_biocons

Curso de introducción á bioconstrución e a saude no hábitat. Aínsa-Morillo de Tou (Huesca), do 3 ao 7 de xullo de 2014.

Dirigido por Dª Petra Jebens Zirkel, Arquitecta y Presidenta del Instituto Español de Baubiologie (IEB) y D. Juan Camón Cala, Profesor Asociado de la Universidad de Zaragoza.


INSCRIPCIÓN ABIERTA

Curso_Verano_UniZa_2014

Objetivos del curso
La Bioconstrucción estudia las relaciones holísticas del ser humano con su entorno edificado, englobando el impacto que tiene sobre el medio ambiente y sobre la salud de quien construye y habita el edificio. Se plantea por lo tanto como una disciplina de carácter integrador que tiene en cuenta desde la importancia de los materiales con los que se construye o rehabilita una vivienda, al lugar sobre el que se construye, a la minimización del impacto ambiental o a la minimización de los riesgos que los actuales sistemas de construcción y rehabilitación, así como tecnologías asociadas, suponen para la salud de las personas y del medio ambiente cercano.Este curso se plantea como una introducción a la necesidad de cambiar el paradigma que durante años guió al sector hacia una manera de entender la arquitectura, la construcción y la rehabilitación de edificios que abogue por el respeto y el sentido común, por la recuperación de la sabiduría popular en una situación actual y la introducción de técnicas de construcción respetuosas y saludables.En definitiva se trata de un curso de carácter técnico e interdisciplinar que sirve de introducción para comprender la importancia de valorar la ecología y la salud en el hábitat, a la vez que muestra ejemplos de edificios construidos bajo estos parámetros, y experimenta con materiales y técnicas constructivas adecuadas.
Duración
30 horas
Destinatarios
Estudiantes de todas las especialidades de Ingeniería, Arquitectura, Artes, Medicina y Salud, Ciencias, etc. y todo el público interesado en el tema.
Reconocimiento de créditos
Reconocido como créditos de libre elección o créditos por las Actividades universitarias culturales por la Universidad de Zaragoza.Solicitado el reconocimiento como créditos de formación permanente del profesorado no universitario por la Dirección General de Política Educativa y Educación Permanente del Departamento de Educación, Universidad, Cultura y Deporte del Gobierno de Aragón.(*PENDIENTE DE RESOLUCIÓN*)
Procedimientos de evaluación
Se estima la realización de una prueba de evaluación consistente en la elaboración de una ficha práctica de análisis de las técnicas constructivas analizadas y practicadas.
Precio de la matrícula
Tarifa general: 210
Tarifa reducida: 140
Tarifa especial:
Aulas y Alojamiento
Información completa sobre alojamiento en el documento pdf en el apartado de Información Adicional
Programa del curso

Jueves, 3 de Julio 
Bioconstrucción: pautas y principios

09:00 h.        Necesitamos Bioconstrucción (1)
10:30 h.        Pautas principales de edificios de Bioconstrucción (1)
12:30 h.        Ejemplos de edificios (1)
16:30 h.        Materiales en Bioconstrucción (2)
Viernes, 4 de Julio
Acabados naturales

09:00 h.        La tierra como material de acabado (3)
10:30 h.        TALLER Pinturas y acabados con barro I (3)
12:30 h.        TALLER Pinturas y acabados con barro II (3)
16:30 h.        Pinturas naturales (3)Sábado, 5 de Julio
Constucción con fibras vegetales/salud y armonía

09:00 h.        La caña como material de construcción (4) (5)
10:30 h.        TALLER Construcción con caña mediterránea I (4) (5)
12:30 h.        TALLER Construcción con caña mediterránea II (4) (5)
16:30 h.        El papel de la bioconstrucción en la biología y la medicina del hábitat (6)
18:00 h.        Cronobiología y sistemas de iluminación artificial (6)Domingo, 6 de Julio
Materiales y soluciones constructivas: el yeso

09:00 h.        Sistemas constructivos en bioconstrucción (2)
10:30 h.        TALLER Yeso de Albarracín I (7)
12:30 h.        TALLER Yeso de Albarracín II (7)
16:30 h.        Soluciones constructivas habituales en bioconstrucción (2)Lunes, 7 de Julio
Construcción con madera

09:00 h.        Construcción con madera (8)
10:30 h.        Detalles y uniones en la construcción con madera (9)
12:30 h.        Mesa redonda: La bioconstrucción del pasado, presente y futuro (2) (1) (8) (9) (1)
Ponentes
1. Petra Jebens-Zirkel (Instituto Español Baubiologie (IEB))
2. María Figols González (Vicepresidenta Instituto Español de Bioconstrucción)
3. Joachim Norman Reinecke (Embarro Iberica S.L. )
4. Marta Denegri (Arquitecta – Madrid)
5. Sofía Iglesias Martínez (Arquitecta técnica – Madrid)
6. Elisabet Silvestre Fortea (Biohabitabilidad Barcelona)
7. Andrés Millán Añón (Millán Plasol)
8. Carles Labernia Badía (Universidad de Lleida)
9. Alfred Johann Zirkel (Instituto Español de Baubiologie (IEB))
Byespiga_biocons

Curso de CAL AEREA con JOYSTUC en Vilarmaior (A Coruña)

Voltamos á actividade cunha proposta que xa moitos de vos estabades esperando, o CURSO DE “CAL E OS SEUS USOS”, da man de Montse Guixeras e Sònia Luna de O Centro de Estudios da Cal JOYSTUC.

Este curso plantéxase co obxectivo primordial de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración/conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.

O curso vai dirixido a tódolas persoas profesionais do mundo da construción e do estuco, especialmente a: pintoras, decoradoras, albanéis, interioristas, aparelladoras, arquitectas ou enxeñeiras, conservadoras, restauradoras, bioconstrutoras, rehabilitadoras, arquéologas, técnicas de patrimonio, etc. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade da súas vivendas e da sostibilidade.

DATOS DO CURSO

Lugar: Albergue de Ecoturismo Alvarella (5Km de Pontedeume – A Coruña)

Datas: xoves 10 , venres 11 e sábado 12 de outubro

Horario: 9:30 a 13:30 – 15:30 a 18:30 (o sábado é unha hora menos)

Duración: 20hs

Prazas: 20 persoas

Custe curso: 150€

Custe aloxamento:

– Pensión completa*:  42€ persoa e día  (37€ se levas o teu saco e a túa toalla)  

– Xantar só: 18€ persoa e día

– Xantar e cear: 30€ persoa e día

Se non te aloxas nin fas ningunha comida alí, non tes ningún custe engadido.
 (prezos con IVE incluido)

(*) O total do aloxamento e manutención para o curso son dúas xornadas con pensión completa e un xantar (102€ ou 92€ se levas saco e toalla).

PROGRAMA

No curso trataranse os segunites puntos a nivel teórico:

– Definición de áridos, análisis e clasificación.

– Introducción teórica a prácica de formulación de morteiros cos áridos de cada participante.

– Pigmentos.

– Distintas concentracións de cal en disolución. Aplicación.

– Preparación de cores.

– Hidraulización de pastas aéreas. Morteiros romanos. Rexuntados ou encintados.

– Pavimentos.

A nivel práctico se realizarán os seguintes obradoiros:

– Anális dos soportes e preparación de morteiros e ferramentas adecuadas.

– Execución de capas base.

– Capa base. Formulación de morteiros cos áridos dos participantes.

– Cor da cal. Realización de 2 cores.

– Capa intermedia. Proporcións. Acabados.

– Estuco Lume (Estuco al fuego). Fresco.

– Pinturas de cal.

– Veladuras de auga forte.

– Esgrafiado. Preparación e execución.

– Pavimentos continuos.

A calidade da formación é elevada, como xa moitas de vos o poidestes comprobar nas Xornadas de Viveiro. Podedes ver aquí fotos das obras executadas por JOYSTUC en máis de dez anos de actividade, e a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores, interiores, zonas húmedas, pavimentos…

Quen así o desexe poderá obtener o certificado de asistencia e aproveitamento de JOYSTUC FORMACIÓ, DIFUSIÓ I ASSESSORAMET EN CALÇ.

As inscripcións (tanto sexa para o curso como para o aloxamento e manutención) se realizarán a través do noso enderezo electrónico: espigabioconstrucion@gmail.com , indicando no asunto “curso cal”, e facilitando o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.  Xa dende o enderezo, facilitaremos o número de conta para facer o pagamento e máis detalles (ferramentas, roupa axeitada, etc…) para asistir ao curso.

Se houbese lista de espera, gustaríannos poder repetir o curso no sur de Galicia preto de Ourense.

ESPERÁMOSVOS!