Curso de CAL AEREA con JOYSTUC en Vilarmaior (A Coruña)

Byespiga_biocons

Curso de CAL AEREA con JOYSTUC en Vilarmaior (A Coruña)

Voltamos á actividade cunha proposta que xa moitos de vos estabades esperando, o CURSO DE “CAL E OS SEUS USOS”, da man de Montse Guixeras e Sònia Luna de O Centro de Estudios da Cal JOYSTUC.

Este curso plantéxase co obxectivo primordial de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración/conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.

O curso vai dirixido a tódolas persoas profesionais do mundo da construción e do estuco, especialmente a: pintoras, decoradoras, albanéis, interioristas, aparelladoras, arquitectas ou enxeñeiras, conservadoras, restauradoras, bioconstrutoras, rehabilitadoras, arquéologas, técnicas de patrimonio, etc. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade da súas vivendas e da sostibilidade.

DATOS DO CURSO

Lugar: Albergue de Ecoturismo Alvarella (5Km de Pontedeume – A Coruña)

Datas: xoves 10 , venres 11 e sábado 12 de outubro

Horario: 9:30 a 13:30 – 15:30 a 18:30 (o sábado é unha hora menos)

Duración: 20hs

Prazas: 20 persoas

Custe curso: 150€

Custe aloxamento:

– Pensión completa*:  42€ persoa e día  (37€ se levas o teu saco e a túa toalla)  

– Xantar só: 18€ persoa e día

– Xantar e cear: 30€ persoa e día

Se non te aloxas nin fas ningunha comida alí, non tes ningún custe engadido.
 (prezos con IVE incluido)

(*) O total do aloxamento e manutención para o curso son dúas xornadas con pensión completa e un xantar (102€ ou 92€ se levas saco e toalla).

PROGRAMA

No curso trataranse os segunites puntos a nivel teórico:

– Definición de áridos, análisis e clasificación.

– Introducción teórica a prácica de formulación de morteiros cos áridos de cada participante.

– Pigmentos.

– Distintas concentracións de cal en disolución. Aplicación.

– Preparación de cores.

– Hidraulización de pastas aéreas. Morteiros romanos. Rexuntados ou encintados.

– Pavimentos.

A nivel práctico se realizarán os seguintes obradoiros:

– Anális dos soportes e preparación de morteiros e ferramentas adecuadas.

– Execución de capas base.

– Capa base. Formulación de morteiros cos áridos dos participantes.

– Cor da cal. Realización de 2 cores.

– Capa intermedia. Proporcións. Acabados.

– Estuco Lume (Estuco al fuego). Fresco.

– Pinturas de cal.

– Veladuras de auga forte.

– Esgrafiado. Preparación e execución.

– Pavimentos continuos.

A calidade da formación é elevada, como xa moitas de vos o poidestes comprobar nas Xornadas de Viveiro. Podedes ver aquí fotos das obras executadas por JOYSTUC en máis de dez anos de actividade, e a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores, interiores, zonas húmedas, pavimentos…

Quen así o desexe poderá obtener o certificado de asistencia e aproveitamento de JOYSTUC FORMACIÓ, DIFUSIÓ I ASSESSORAMET EN CALÇ.

As inscripcións (tanto sexa para o curso como para o aloxamento e manutención) se realizarán a través do noso enderezo electrónico: espigabioconstrucion@gmail.com , indicando no asunto “curso cal”, e facilitando o teu nome, enderezo electrónico e teléfono.  Xa dende o enderezo, facilitaremos o número de conta para facer o pagamento e máis detalles (ferramentas, roupa axeitada, etc…) para asistir ao curso.

Se houbese lista de espera, gustaríannos poder repetir o curso no sur de Galicia preto de Ourense.

ESPERÁMOSVOS!

About the Author

espiga_biocons administrator

2 Comments so far

maria josefa pardo vueltaPosted on  12:22 p.m. - Set 22, 2013

Hola, soy Miguel Miñambres Fernández, me gustaría apuntarme al curso de cal aérea de Pontedeume, me quedaría en régimen de pensión completa (llevaría saco y toalla). Querría saber si todavía quedan plazas. También me gustaría formar parte de la asociación, soy carpintero y resido y ejerzo mi actividad en Becerreá (Lugo). Un saludo.

________________________________

Leave a Reply