Estamos a organizar un segundo curso “CAL E OS SEUS USOS”, da man de JOYSTUC, que é. unha empresa especializana formación no uso da cal. facemolo pola boa experiencia do primeiro curso realizado en outubro do ano pasado .
Si quere ver fotos do curso anterior, podes acceder a este enlace
https://www.facebook.com/media/set/?set=a.404468566342639.1073741830.329119357210894&type=3
O curso vai dirixido a tódolas persoas profesionais do mundo da construción e do estuco, especialmente a: pintoras, decoradoras, albanéis, interioristas, aparelladoras, arquitectas ou enxeñeiras, conservadoras, restauradoras, bioconstrutoras, rehabilitadoras, arquéologas, técnicas de patrimonio, etc. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade da súas vivendas e da sostibilidade.Este curso plantéxase co obxectivo primordial de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración/conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.
DATOS DO CURSO
Lugar: Centro de educación ambiental As Corcerizas (na serra de S. Mamede, a 10km de Arnuide-Ourense)
Para chegar podedes consultar este enlace: como chegar
Datas: xoves 15 , venres 16 e sábado 17 de maio
Horario: 9:30 a 13:30 – 15:30 a 18:30 (o sábado é unha hora menos)
Duración: 20hs
Prazas: 20 persoas
Custe curso: 200€
Custe aloxamento:
– Aloxamento : 15€ persoa e noite
– Comidas soltas (Xantar, ou cear): 15€ persoa
– Aloxamento e pensión completa*: 80€ persoa –
– Pensión completa dia**: 30€ persoa e dia
– Pensión completa curso***: 60€ persoa
Se non te aloxas nin fas ningunha comida alí, non tes ningún custe engadido. (prezos con IVE incluido)
(*) O total do aloxamento e manutención para o curso son dúas xornadas con pensión completa e un xantar.
(**) A pensión completa dun dia inclúe 1 almorzo, 1 xantar e 1 cea.
(***) A pensión completa do urso inclúe 2 pensións completas mais 1 xantar.
PROGRAMA
No curso trataranse os segunites puntos a nivel teórico:
– Definición de áridos, análisis e clasificación.
– Introducción teórica a prácica de formulación de morteiros cos áridos de cada participante.
– Pigmentos.
– Distintas concentracións de cal en disolución. Aplicación.
– Preparación de cores.
– Hidraulización de pastas aéreas. Morteiros romanos. Rexuntados ou encintados.
– Pavimentos.
A nivel práctico se realizarán os seguintes obradoiros:
– Anális dos soportes e preparación de morteiros e ferramentas adecuadas.
– Execución de capas base.
– Capa base. Formulación de morteiros cos áridos dos participantes.
– Cor da cal. Realización de 2 cores.
– Capa intermedia. Proporcións. Acabados.
– Estuco Lume (Estuco al fuego). Fresco.
– Pinturas de cal.
– Veladuras de auga forte.
– Esgrafiado. Preparación e execución.
– Pavimentos continuos.
A calidade da formación é elevada, como xa moitas de vos o poidestes comprobar nas Xornadas de Viveiro. Podedes ver aquí fotos das obras executadas por JOYSTUC en máis de dez anos de actividade, e a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores, interiores, zonas húmedas, pavimentos…
Quen así o desexe poderá obtener o certificado de asistencia e aproveitamento de JOYSTUC FORMACIÓ, DIFUSIÓ I ASSESSORAMET EN CALÇ.
INSCRIPCIÓNS:
As inscripcións (tanto sexa para o curso como para o aloxamento e manutención) se realizarán a través do noso enderezo electrónico: espigabioconstrucion@gmail.com , indicando no asunto “curso cal”, e facilitando o teu nome, enderezo electrónico e teléfono. Xa dende o enderezo, facilitaremos o número de conta para facer o pagamento e máis detalles (ferramentas, roupa axeitada, etc…) para asistir ao curso.
ESPERÁMOSVOS!