FALADOIRO DE BIOCONSTRUCIÓN

Byespiga_biocons

FALADOIRO DE BIOCONSTRUCIÓN

VISITA Á FÁBRICA HB BETANZOS S.L. 

Voltamos a recuperar a actividade presencial da nosa asociación Espiga. Asociación Galega para a bioconstrución, cos faladoiros, de esta vez convidámosvos a visitar a fábrica  Betanzos HB S.L.

Data: 2 de decembro de 2021 ás 17:00 h.

Lugar:  Fábrica HB Betanzos S.L. Carretera de Betanzos – Santiago km.3. Infesta – Betanzos – A Coruña.

A visita está dirixida para as persoas profesionais do sector. O aforo é limitado (máximo 10 persoas) polo que será preciso inscribirse a través do noso email: espigabioconstrucion@gmail.com, ou ben premendo no seguinte botón.

VISITA

Betanzos HB é unha empresa galega dedicada a produción de taboleiros de fibra de madeira de alta densidade, concretamente o taboleiro TABLEX de fibras de madeira de eucalipto procedente de bosques locais, ecolóxico, e sustentable. Podedes ter máis información na páxina da empresa: www.betanzoshb.es/gl

About the author

espiga_biocons administrator

Leave a Reply