O vindeiro 28 de xuño, a ASOCIACIÓN ESPIGA será presentada ante o gran público a través dos seus membros fundadores.
Con motivo da presentación preparamos as que esperamos sexán as PRIMEIRAS XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN E INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO GALEGO onde contamos na organización coa inestimable axuda de Luciano López, artesan e veciño de Viveiro, e e o Exmo. Concello de Viveiro, que darán as xornadas un enclave sen igual.
As xornadas están dirixidas tanto ao sector técnico e profesional coma ao público xeral.
Ademáis de todas as actividades organizamos tamén un XANTAR COMUNITARIO e autoservido con produtos ecolóxicos e de proximidade nos Claustros de San Francisco. Contará con alimentos aptos para veganos e o prezo é de 10€/persoa constando de 1º plato, 2º plato, postre, café ou infusión e auga. O resto de bebidas (viño, refrescos e cervexa artesá) cobraranse aparte. Rogamos poidades reservar ca maior brevidade posible no formulario de inscricións.
Grazas dende xa a todas as colaboracións que recibimos, sen elas sería imposíbel realizar o evento.
Divulgación
Aquí vos deixamos os cartaces para que poidades compartir o evento.
Descarga aquí o cartaz para web:
https://www.dropbox.com/s/ntoov22x8mjugwd/cartaz_web.png
Descarga aquí o cartaz para imprimir:
https://www.dropbox.com/s/khwnr0r5cumrfzl/imprimir_A1.pdf
Inscricións e consultas
Creamos o seguinte formulario de contacto para xestionar as inscricións. Se queres contarnos algún caso especial por favor escríbenos a espigabioconstrucion@gmail.com
[googleapps domain=”docs” dir=”forms/d/1KHUoVBD6EjZn6Lc3XMHy22Or4rm_D5iGFNyjxT9l6oQ/viewform” query=”embedded=true” width=”760″ height=”500″ /]
Vémonos en Viveiro!
One Response to “I Xornadas Bioconstrución e Intervención no Patrimonio Arquitectónico Galego”
[…] Máis información e inscricións: http://espigabioconstrucion.wordpress.com/2013/06/04/i-xornadas-biocosntrucion-e-intervencion-no-pat… […]