Xornadas de bioconstrución ESPIGA-ESF con conferencias de Gernot Minke e obradoiro de revestimentos de cal e trencadis
Presentamos as III Xornadas de Bioconstrucción de ESPIGA en colaboración con ESF, que terán lugar na Universidade da Coruña.
Contaremos coa presenza do gran referente Gernot Minke, doutor arquitecto e enxeñeiro alemán, experto na teoría e práctica da bioconstrución que na súa longa traxectoria profesional se adicou á investigación sobre diversas técnicas construtivas e materiais. Así, poderemos gozar dunha ampla visión das súas achegas e innovacións no eido da bioconstrución.
Serán dous días de conferencias onde se exporán as técnicas de construción con terra, revestimentos de barro, construción con fardos de palla, cubertas verdes e xardíns verticais. Teremos tamén un debate con relatores adicados á investigación.
Paralelamente faremos un obradoiro de revestimentos dirixido por Marta Salgado e Paloma Soriano. Executaranse revocos de cal e detalles coa técnica de trencadís no banco de cob (banCOB) realizado na primeira edición (2015). Tratarase de aprender a técnica e desenvolver a capacidade creativa.
Se che interesa a bioconstrución non dubides en apuntarte. É unha oportunidade única de aprender!
Vémonos.
CONFERENCIAS
Lugar: Salón de graos da Escola Técnica Superior de Arquitectura – retransmisión en directo
XOVES 31 marzo.
16:00-17:00 A terra como material de construción, características e aplicación na arquitectura actual (1)
17:30-18:30 A terra como material de construción, características e aplicación na arquitectura actual (2)
18:45-19:30 Mesa redonda
VENRES 1 abril.
16.00-17:00 Construción con fardos de palla.
17:30-18:30 Cubertas vexetais e xardíns verticais.
19:00 Visita guiada ao obradoiro de revestimentos no banCOB (Campus de Elviña)
OBRADOIRO BANCOB
Obradoiro de revestimentos dirixido por Marta Salgado e Paloma Soriano, no que se aprenderá tanto a técnica como a desenvolver a capacidade creativa.
Lugar: Campus de Elviña, diante da Casa do Lagar (UDC).
Datas. Cada semana será un módulo independente, pero se recomenda a inscrición completa para un mellor aprendizaxe:
– venres 25 e sábado 26 de marzo
– venres 1 e sábado 2 de abril
Horario: 10-13:00, 16-19:00
TÉCNICAS CONSTRUTIVAS
– Preparación da base. Empezaremos por rascar o revestimento orixinal e recolocar as pedras do zócalo.
– Revestimento de cal. Despois se aplicará un enfoscado e revoco de cal, segundo as necesidades e o deseño.
– Trencadís. Se realizará mediante o alicatado de parte do soporte con baldosa cerámica rota. O sistema de quebracabezas permite adaptación a superficies irregulares. Realizarase unha guía xeral cromática e xeométrica a seguir para que o deseño sexa conxunto.
A entrada é de balde. AFORO LIMITADO.