Organizado por Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución.
Data: 16 – 17 -18 . SETEMBRO. 2016
Lugar: Finca de San Xoán de Tor. Pazo de Tor. Monforte de Lemos
Espiga organiza as cuartas xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.
Comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.
Pola tarde haberá diferentes obradoiros e actividades para os mais pequenos sendo o fío conductor destas xornadas os materiais vexetais na construción.
Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.
Habilitarase unha zona de acampada e festexaremos na festa Guat-ECO.
As xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.
Haberá comidas e ceas con inscripción previa obligatoria
Se non podes visualizar o cartel,
O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas.
¿Por que facer as comidas nas xornadas?
- Para evitar traslados de coches, retrasos, presas…
- Porque polo mesmo prezo comes tranquila, e non tes que buscar onde comer e desprazarte
- Porque a comida é de producción de cercanía, ecolóxica, saudable, elaborada con moito agarimo e ademais está boísima.
- Porque a imos preparar nas mesmas xornadas, e co arrecendo non te vas a poder resistir ( e alí xa será tarda para reservar)
- Porque é un prezo moi axustado que aínda po riba bota unha man a asociación (lembrate que as conferencias son gratuítas)
- Porque o ambiente do xantar é espectacular, e permite achegarte a xente coa que tes moitos intereses comúns… fai novos amigos e amigas!
- Porque o entorno é un luxo e se quedas a comer terás tempo de disfrutalo.
¿Por que pagalas por adiantado e vía transferencia?
- Para evitar aglomeración no acceso as xornadas.
- Para evitar problemas de cambio e manexar diñeiro alí.
- Facilitar as voluntaris e voluntarios da organización a xestion de tanta xente
- E o máis importante: deste xeito conf´rimamos o número de asistentes, o que prevén facer comida de máis ou de menos.
¡¡Animamovos a que vos incribades ás comidas!!
Programa
Venres 16
16:00 Presentación dás xornadas
Deputación de Lugo e Concello de Monforte de Lemos
16:25 Presentación da Asociación Espiga
16:45 “Paramentos vivos: Cubertas e muros vexetais” (Urbanarbolismo)
17:45 “Illamentos vexetais” (Verónica Rivero, aparelladora)
18:30 “Illamentos con terra e fibras vexetais” (Tecnoloxía/s Apropiada/s)
19:00 “A comercialización de materiais vexetais na construción” (Bioklimanature)
20:00 Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción
Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).
20:30 Fin dá xornada do venres. Cea conxunta.
Sábado 17
10:00 “Climatización con vexetación, proxecto WCEEVT” (Beatriz Ron, arquitecta)
10:30 “Construción con palla: dende a autoconstrución a prefabricación” (Okambuva)
11:15 “Bambú e Caña. Estrutura natutral” (Bambusa)
11:45 “Programa de investigación co Micelio como material de illamento” (Espiga, Grupo Micolóxico Galego e A Revolta)
12:15 Pausa café
12:30 “Materiais de construción con cáñamo” (Cannabric)
13:30 “Construción viva” (Artesá Idoia Cuesta)
14:00 Mesa Redonda: Incorporación de materias vexetais a construcción
Modera Antonio Seijas (Vicepresidente de Espiga).
14:30 Fin da xornada de mañá. Xantar conxunto de tódolos asistentes as xornadas.
16:30 Obradoiros
-
Teitos de palla: Preparación da palla e elaboración dun anaco de teito de palla tradicional. (Construpiedra)
-
Estruturas de bambú. Elaboración de unións de bambú. (Bambusa)
-
Muros de palla. Manexo de balas de palla para construir muros. (Okambuva)
-
Estruturas de vimbio e saúco. (Artesá Idoia Cuesta)
- Illamentos con terra e fibras vexetais (Tecnoloxía/s Apropiada/s)
20:30 Fin dá xornada do sábado. Cea conxunta.
Paralelamente levaranse a cabo dous obradoiros familiares, dedicados especialmente aos nenos
11:00 Ruta polo bosque para coñecer as plantas silvestres. Usos e aproveitamento. (Patri Puga)
16:00 Elaboración de cestas de médula. (Artesán da Deputación)
Domingo 18
11:00 “Canapalea. Construción con cáñamo: Formación e difusión como alianza entre paises” (IEB-Instituto Español de Baubiologie)
12:00 Creación de cúpulas xeodésicas e figuras xeométricas (Víctor González, arquitecto)
14:00 Despedida e peche dás xornadas. Xantar conxunto.
Exposición permanente: Materiais de bioconstrución e mostras de cubertas vexetais. Colección propia de Juan Bello Llorente.
Terá unha inauguración oficial na xornada do venres e estará aberta durante toda a duración das xornada para que poida ser visitada nos tempos de descanso e outros.
3 Responses to “IV XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN. MATERIAIS VEXETAIS NA CONSTRUCIÓN.”
Ola! Gustaríame saber onde podo inscribirme ás xornadas.
Grazas, un saudo
[…] próximo 16/18 de Septiembre participaremos en las IV Jornadas de bioconstrucción organizadas por ESPIGA, Asociación Gallega para la Bioconstrucción. El tema es “Materiales vegetales en la […]
Hola buenas quisiera saber el precio de las jornadas.