QUE É O MAPEO DE RECURSOS DE BIOCONSTRUCIÓN?

O mapeo de recursos de bioconstrución é unha plataforma para que os profesionais da bioconstrución de Galicia podan visibilizarse e amosar tódalas preciosas cousas que fan.

Consiste nunha serie de fichas descriptivas dos recursos dispoñibles e dun mapa que indiqua a súa localización no espacio. Ademáis está organizado en tres catergorías principais para facilitar a búsqueda. Estas categorías son:

  1. Técnic@s
  2. Oficios, operari@s, aplicador@s
  3. Suministo de materiais

Ademáis existen categorías secundarias que nos indican en profundidade os seus puntos fortes contando tamén que unha persoa ou empresa se pode adicar a moitas tarefas distintas. Inclúese un lugar para facer unha galería de imaxes a modo de portfolio

Esta plataforma foi creada para a asociación Espiga para poder amosar que existe gran cantidade de profesionais adicados a facer construcción natural e que cumplen con tódolos requisitos que se lle poderían solicitar a calquera empresa de construción non bío.

Dende Espiga queremos amosar que somos moit@s e con gran experiencia e coñecemento, e que a bioconstrución non carece de técnica e oficio. Tamén queremos evitar o intrusismo e a falta de profesionalidade no sector. De feito reivindicamos que a bioconstrucion se situe como a máis sana, eficiente e ética das formas de construción.


QUÉ É ESPIGA?

Espiga (Asociación Galega para a Bioconstución) é unha organización galega formada por profesionais e amantes da construcción natural que queremos poñer en valor a bioconstrución como a máis sana e ética de entre tódalas maneiras de habitar o espacio.

A bioconstrución consiste nunha mezcla de distintas técnicas que buscan aunar a construcción tradicional coas novas tecnoloxías co fin de facer casas que gocen de saúde, e eficiencia enerxética. Busca que a xente que habite unha vivienda goce de confort tanto térmico como de humidade, de boa calidade do aire. A bioconstrución emprega materiais biocompatibles sen elementos tóxicos e con baixo impacto de transporte e extracción. Materiais cunha resonancia natural cara á Vida, capaces de crear ambientes que favorezan a saúde e un bon clima personal en social da xente que habita eses lugares, como da xente que tivo que construir estes espazos.

Dente Espiga reivindicamos a Saude, a Vida, e o Equilibrio Físico e Emocional a través dos espazos que habitamos.

Para saber máis do que facemos, podes visitar a nosa web e se queres colaborar podes facerte soci@, estámoste a agardar!


INSCRIBIRSE NO MAPEO:

Inscribirse no mapeo é moi sinxelo. Solo tes que premer no botón “Crear ficha” do menú e cubrir o formulario onde se piden os teus datos de contacto e se pide que fagas unha descripción completa do que fas. Canto máis completa sexa a descripción mellor pode chegar á xente que poida estar buscando servizos coma os que tu ofrezes. Toma o teu tempo.

Despois poderás introducir o teu Logo e ademáis hai un apartado para subir fotos e imaxes e crear unha galería na que podas amosar todo o teu traballo de maneira gráfica, porque unha imaxe vale máis que mil palabras!


CONTACTO E SUXERENCIAS:

Se tes alguna suxerencia ou problema acerca do mapeo podes poñerte en contacto con nos a través de mapeobioconstrucion@gmail.com ou se tes outro tipo de dúbidas podes contactar coa asociación a través de espigabioconstrucion@gmail.com

Tódalas túas aportacións serán ben recibidas!