ULTIMASPRAZAS                                                 

Estamos a organizar un segundo curso “CAL E OS SEUS USOS”, da man de JOYSTUC, que é. unha empresa especializana formación no uso da cal. facemolo pola boa experiencia do primeiro curso realizado en outubro do ano pasado .

Si quere ver fotos do curso anterior, podes acceder a este enlace

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.404468566342639.1073741830.329119357210894&type=3

cal_1alvarella27

O curso vai dirixido a tódolas persoas profesionais do mundo da construción e do estuco, especialmente a: pintoras, decoradoras, albanéis, interioristas, aparelladoras, arquitectas ou enxeñeiras, conservadoras, restauradoras, bioconstrutoras, rehabilitadoras, arquéologas, técnicas de patrimonio, etc. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade da súas vivendas e da sostibilidade.Este curso plantéxase co obxectivo primordial de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración/conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.

DATOS DO CURSO

Lugar: Centro de educación ambiental As Corcerizas (na serra de S. Mamede, a 10km de Arnuide-Ourense)

Para chegar podedes consultar este enlace: como chegar

Datas: xoves 15 , venres 16 e sábado 17 de maio

Horario: 9:30 a 13:30 – 15:30 a 18:30 (o sábado é unha hora menos)

Duración: 20hs

Prazas: 20 persoas

Custe curso: 200€

Custe aloxamento:

– Aloxamento : 15€ persoa e noite

– Comidas soltas (Xantar, ou cear): 15€ persoa

– Aloxamento e pensión completa*: 80€ persoa –

– Pensión completa dia**: 30€ persoa e dia

– Pensión completa curso***: 60€ persoa

Se non te aloxas nin fas ningunha comida alí, non tes ningún custe engadido. (prezos con IVE incluido)

(*) O total do aloxamento e manutención para o curso son dúas xornadas con pensión completa e un xantar.

(**) A pensión completa dun dia inclúe 1 almorzo, 1 xantar e 1 cea.

(***) A pensión completa do urso inclúe 2 pensións completas mais 1 xantar.

PROGRAMA

No curso trataranse os segunites puntos a nivel teórico:

– Definición de áridos, análisis e clasificación.

– Introducción teórica a prácica de formulación de morteiros cos áridos de cada participante.

– Pigmentos.

– Distintas concentracións de cal en disolución. Aplicación.

– Preparación de cores.

– Hidraulización de pastas aéreas. Morteiros romanos. Rexuntados ou encintados.

– Pavimentos.

A nivel práctico se realizarán os seguintes obradoiros:

– Anális dos soportes e preparación de morteiros e ferramentas adecuadas.

– Execución de capas base.

– Capa base. Formulación de morteiros cos áridos dos participantes.

– Cor da cal. Realización de 2 cores.

– Capa intermedia. Proporcións. Acabados.

– Estuco Lume (Estuco al fuego). Fresco.

– Pinturas de cal.

– Veladuras de auga forte.

– Esgrafiado. Preparación e execución.

– Pavimentos continuos.

A calidade da formación é elevada, como xa moitas de vos o poidestes comprobar nas Xornadas de Viveiro. Podedes ver aquí fotos das obras executadas por JOYSTUC en máis de dez anos de actividade, e a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores, interiores, zonas húmedas, pavimentos…

obraCAL_1

Quen así o desexe poderá obtener o certificado de asistencia e aproveitamento de JOYSTUC FORMACIÓ, DIFUSIÓ I ASSESSORAMET EN CALÇ.

INSCRIPCIÓNS:

As inscripcións (tanto sexa para o curso como para o aloxamento e manutención) se realizarán a través do noso enderezo electrónico: espigabioconstrucion@gmail.com , indicando no asunto “curso cal”, e facilitando o teu nome, enderezo electrónico e teléfono. Xa dende o enderezo, facilitaremos o número de conta para facer o pagamento e máis detalles (ferramentas, roupa axeitada, etc…) para asistir ao curso.

ESPERÁMOSVOS!