Tag Archives: estructuras reciprocas

Byespiga_biocons

II Xornadas de Unións tradicionais de madeira.

Estruturas recíprocas e agroecoloxía

Proxecto Terra USC (Lugo)

O campus de Lugo da USC en colaboración con Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución plantexan a construción dun invernadoiro deseñado con estructura de madeira e cuberto con plástico transparente, tendo en conta criterios de bioconstrucion. O proxecto ten unha vocación didáctica, acompañado de conferencias para completar o contido teórico, no que todos os asistentes poderan aprender sobre estructuras construídas en madeira.

Os obxectivos do taller son coñecer a bioconstrución, sensibilizar medioambientalmente, aprender e comprender a construción e o deseño de estructuras de madeira.

Lugar: Escola Politécnica Superior de Enxeñaría. (Lugo)

As xornadas son gratuítas e abertas para quen queira participar. Sendo de inscripción obrigatoria a participación no obradoiro de construción do invernadoiro posto que so conta con 20 prazas

O deseño do invernadoiro que se plantexa neste taller, basease na ponte de Leonardo da Vinci, unha estructura recíproca de madeira. Este deseño destaca pola sua eficiencia estrutura, pola ausencia de ferraxes nas unións para a súa construción así como na facilidade de montaxe. Ademais tamén se explicaran outro tipo de estructuras como as cerchas tradicionais, estructuras trianguladas e as xeodésicas

Programa

As xornadas realizaranse o longo de tres fines de semana de outubro, o remate das festas do San Froilán, tendo o seguinte patrón:

– Sabado polas maña de 11h00 -14h00. Conferencias abertas e gratuitas

– Sabado polas tarde de 16h00 – 20-00 e os domingos de 11h00-14h00 e 16h00-20h00, desenrolo do obradoiro que consistira na montaxe dun invernadoiro. O obradoiro ten 20 prazas, é preciso inscripción previa.

obradoiroinvernadoiro

Conferencias

Sabado 14.10.2017  Horario: 11h00-14h00

– Presentación do proxecto do invernadoiro. Victor Gonzalez (Espiga)

– Fundamentos das estructuras recíprocas. Martín Moreda (Espiga)

– Tratamentos naturais da madeira. Pintor de Quins (Decologic)

 

 

Sabado 21.10.2017  Horario: 11h00-14h00

– Unions tradicionais de madeira. Pablo Parracía  (CasaBio)

– Patoloxías da madeira estructural: Identificación. Ignacio Bobadilla (UPM / Pemade)

– Deseño constructivo en madeira. Macarena Outeiral (Espiga).

 

 

Sabado 28.10.2017  Horario: 11h00-14h00

– Introdución a Bioconstrución. Divina Pérez (Espiga)

– Agroecoloxía. Xan Neira (USC)

Permacultura. Alexandre Grande (Ecolectivo)

Obradoiro

1º Fin de semana. Traballos previos

Sabado 14.10.2017  Horario 16h00-20h00

Tratamento da madeira primeira man

Domingo 15.10.2017 Horario 11h00-14h00 / 16h00 – 20h00

Tratamento da madeira segunda mán

Maquetas de estructuras triangulares e reciprocas

2º Fin de semana. Construción e montaxe

Sabado 21.10.2017  Horario 16h00-20h00

Replanteo da estructura

Montaxe de barras

 

Domingo 22.10.2017 Horario 11h00-14h00 / 16h00 – 20h00

Ensamblaxe de barras e Montaxe de barras

3º Fin de semana. Cubrición

Sabado 28.10.2017  Horario 16h00-20h00

Continuación do traballo de ensamblaxe se for preciso

Colocación de tensores para o plástico

 

Domingo 29.10.2017 Horario 111h00-14h00 / 16h00 – 20h00

Continuación dos traballo e colocación do plástico

Visita técnica a Cuberta reticular de lamas de madeira dirixida por Manuel Guaita (Pemade)

Peche da xornada

Segue a información a través do noso facebook