Tag Archives: soberania

Byespiga_biocons

V XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN. SOBERANÍA E AUTOXESTIÓN

20170628 cartel completo hr

14:00.Organizado por Espiga. Asociación galega para a bioconstrución

Data: 15-16-17. SETEMBREO.2017

Lugar: Pazo de Tor, Monforte, Lugo

Espiga organiza as quintas Xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.

A proposta para este ano é un análise transversal das posibilidades de autoxestión no mundo da construción do hábitat. Co título “Soberanía e autoxestión” facemos un percorrido pola autoconstrución do propio hábitat, centrada nas posibilidades de implementar as instalacións necesarias dun xeito autónomo e con baixo impacto no entorno.

As Xornadas comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.

O sábado haberá diferentes obradoiros e actividades para os mais pequenos sendo o fío conductor destas xornadas a autoxestión e soberanía construtiva.

Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.

Habilitarase unha zona de acampada libre como en anos anteriores. 

As Xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.

Haberá almorzos, comidas e ceas con inscripción previa obligatoria

O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas.

¿Por que facer as comidas nas xornadas? 

  • Para evitar traslados de coches, retrasos, presas…
  • Porque polo mesmo prezo comes tranquilo, e non tes que buscar onde comer e desprazarte
  • Porque a comida é de producción de cercanía, ecolóxica, saudable, elaborada con moito agarimo e ademais está boísima.
  • Porque a imos preparar nas mesmas xornadas, e co arrecendo non te vas a poder resistir ( alí xa será tarde para reservar)
  • Porque é un prezo moi axustado que aínda por riba bota unha man a asociación (lembrade que as conferencias son gratuítas)
  • Porque o ambiente do xantar é espectacular, e permite achegarte a xente coa que tes moitos intereses comúns… ¡fai novos amigos e amigas!
  • Porque o entorno é un luxo e se quedas a comer terás tempo de disfrutalo.

¿Por que pagalas por adiantado e vía transferencia?

  • Para evitar aglomeración no acceso as xornadas.
  • Para evitar problemas de cambio e manexar diñeiro alí.
  • Facilitar as voluntarias e voluntarios da organización a xestion de tanta xente
  • E o máis importante: deste xeito confirmamos o número de asistentes, o que prevén facer comida de máis ou de menos.
 ¡¡Animámovos a que vos incribades ás comidas!!

PROGRAMA V XORNADAS. SOBERANÍA E AUTOXESTIÓN

Venres 15

16:00 Presentación da Deputación de Lugo e de Espiga.

17:00 Autobioconstrución e soberanía construtiva. Andres Martínez Espinosa, INDIKON

17:30 Experiencias da horta urbana autoxestionada. Uxío Reinoso e Salva, Horta Colectiva urbana do Berbés en Vigo

18:00 Compostaxe. Eva Villar. Mestres composteiros

19:00 Electricidade renovable autoxestionada na edificación.  Jesús López Taboada, Montaxes Taboada

19:45 Bosques comestibles. Bosque Reimóndez

20:15 Mesa redonda

21:00 ECO2 CEA E FESTA GUAT-ECO CON SOFÍA ESPIÑEIRA

Sabado 16

10:00 Fitodepuración, a depuración natural das augas residuais. Javier Santiago, Tp3 Enxeñaría Natural

10:45 Experiencia profesional sobre autoconstrución. Mateu Ortoneda, Tierra cruda.

11:15 Experiencia persoal dun autoconstructor. Federico Pizarro, Baubab.

12:15 Legalidade e experiencias dentro da bioconstrución. Normativa, retos, mitos e panorama actual do sector. Miguel Fresno, Arquiteutu Técnicu na Rede

12:45 Xestión da Autoconstrución. Patricia Cebada, Taller karuna.

13:30 Mesa Redonda

14:00. ECO-XANTAR 

17:00 Presentación de obradoiros e inaguración da exposición interactiva experimental

18:00 Comezo dos obradoiros

– Fornos solares. Juan Bello

– Composteiro. Maria Lafuente, ADEGA

21:00  ECO2 CEA E FESTA GUAT-ECO CON HUMANITY

Actividades familiares/infantís paralelas

Maña:  Xoguetes para a construción. Sistema Lupo. 

 Espiral aromáticas. Rubén Escuredo

Tarde:  Xoguetes para a construción. Sistema Lupo.

 Cosmética natural. Almudena Ares. Xacias

 Domingo 16

10:00 Visión. Vivir en comunidade. Covivenda. Rosalidia Álvarez, Otra forma de habitar.

10:30 Desenvolvemento. Vivir en comunidade. Covivenda. Iñaki Alonso, Satt/Entrepatios.

11:00 A experiencia construtiva nas ecoaldeas. Toni Marín, REd Ibérica de ecoaldeas (RIE) e Global Network EcoVillage (GEN)

11:30. Mesa Redonda

12:15 Dinámica de facilitación. Catro Espazos

 

14:00. ECO-XANTAR de despedida e peche das Xornadas

soberania e autoxestion