Tag Archives: unions carpinteiras

Byespiga_biocons

Xornadas sobre Unións Tradicionais de Madeira

 

madeira, unions carpinteiras, unions tradicionais,

Organiza: Espiga Asociación Galega para a Bioconstrución, mediante o Grupo de Traballo de Madeira

Data: 28 de Maio de 2016

Lugar: Casa Bio, Poligono Chan da Ponte. Salvaterra do Miño (Pontevedra)

Inscripción previa e aberta só para socios e simpatizantes de Espiga.

                               AFORO COMPLETO – 

O formulario segue aberto ata o próximo luns, dia 23. As seguintes inscricións quedarán en lista de espera.

As unión tradicionais en madeira ou unións carpinteiras permitenos ensamblar pezas sen o uso de cravos ou colas. As unions constitúen a parte máis complicada e delicadas das estructuras de madeira. Na actualidade existe unha gran variedade de solucions e formas para unir elementos de madeira, dependendo da forma da unión, dos elementos, medios de fixación, así como dos esforzos e cargas que afecten a estructura.

O proceso da construción de estructura de madeira está profundamente relaciona co desenrolo tecnolóxico dos medios da unión. As unión requiren unha relevante importancia no deseño e no cálculo estructural.

Tradicionalmente, as unions carpinteiras desenrolaronse mediante un sistema chamado carpintaría de armar, que permitía ensamblar pezas na procura dun aforro económico a través caixas e rebaixes. Sendo os tipos mais frecuentes as unións de caixa e espiga, o embarbillado, a cola de milano ou a media madeira entre outras…

Antigamente requería dunha man de obra especializada polo que deixaron de utilizarse, sen embargo na actualidade e gracias a máquina de control numérico e os métodos de cálculo estructural desenvolvidos, están de actualidade por estética e por prezo.

Programa actualizado

Maña:

Introdución teórica sobre as unións artesanais, co apoio de maquetas que podermos ver e tocar.

Tratamentos da madeira con aceites naturais.

Visita o espazo de Casa Bio, onde se verán diferentes estructuras que están a construír neste momento.

Estando ó cargo de:

  • Denís Gánzara Pumar  (arquitecto, Master en madeira estructural)
  • Pablo Reboredo (aparellador, experto en Rehabilitación)
  • Alejandro  (representante de Decologic)

 Tarde:

Obradoiro-prático de ensambles tradicionais. Luís Mendez (carpinteiro de Casa Bio)