14:00.Organizado por Espiga. Asociación galega para a bioconstrución
Data: 15-16-17. SETEMBREO.2017
Lugar: Pazo de Tor, Monforte, Lugo
Espiga organiza as quintas Xornadas. Como ven sendo habitual darán continuidade o mesmo formato que anos previos.
A proposta para este ano é un análise transversal das posibilidades de autoxestión no mundo da construción do hábitat. Co título “Soberanía e autoxestión” facemos un percorrido pola autoconstrución do propio hábitat, centrada nas posibilidades de implementar as instalacións necesarias dun xeito autónomo e con baixo impacto no entorno.
As Xornadas comezarán coa presentación da Asociación e con conferencias durante a xornada do vernes tarde e sabado de maña.
O sábado haberá diferentes obradoiros e actividades para os mais pequenos sendo o fío conductor destas xornadas a autoxestión e soberanía construtiva.
Ademais poderase degustar eco-comidas durante os tres días e unha exposición sobre materiais de bioconstrución.
Habilitarase unha zona de acampada libre como en anos anteriores.
As Xornadas son gratuitas pero é necesaria inscripción previa.
Haberá almorzos, comidas e ceas con inscripción previa obligatoria
O Pazo de Tor, atopase aproximadamente uns 8km do pobo de Monforte de Lemos.
Dende a asociación para evitar desprazamentos ata a vila, organizamos alí as comidas.
¿Por que facer as comidas nas xornadas?
- Para evitar traslados de coches, retrasos, presas…
- Porque polo mesmo prezo comes tranquilo, e non tes que buscar onde comer e desprazarte
- Porque a comida é de producción de cercanía, ecolóxica, saudable, elaborada con moito agarimo e ademais está boísima.
- Porque a imos preparar nas mesmas xornadas, e co arrecendo non te vas a poder resistir ( alí xa será tarde para reservar)
- Porque é un prezo moi axustado que aínda por riba bota unha man a asociación (lembrade que as conferencias son gratuítas)
- Porque o ambiente do xantar é espectacular, e permite achegarte a xente coa que tes moitos intereses comúns… ¡fai novos amigos e amigas!
- Porque o entorno é un luxo e se quedas a comer terás tempo de disfrutalo.
¿Por que pagalas por adiantado e vía transferencia?
- Para evitar aglomeración no acceso as xornadas.
- Para evitar problemas de cambio e manexar diñeiro alí.
- Facilitar as voluntarias e voluntarios da organización a xestion de tanta xente
- E o máis importante: deste xeito confirmamos o número de asistentes, o que prevén facer comida de máis ou de menos.
¡¡Animámovos a que vos incribades ás comidas!!
PROGRAMA V XORNADAS. SOBERANÍA E AUTOXESTIÓN
Venres 15
16:00 Presentación da Deputación de Lugo e de Espiga.
17:00 Autobioconstrución e soberanía construtiva. Andres Martínez Espinosa, INDIKON
17:30 Experiencias da horta urbana autoxestionada. Uxío Reinoso e Salva, Horta Colectiva urbana do Berbés en Vigo
18:00 Compostaxe. Eva Villar. Mestres composteiros
19:00 Electricidade renovable autoxestionada na edificación. Jesús López Taboada, Montaxes Taboada
19:45 Bosques comestibles. Bosque Reimóndez
20:15 Mesa redonda
21:00 ECO2 CEA E FESTA GUAT-ECO CON SOFÍA ESPIÑEIRA
Sabado 16
10:00 Fitodepuración, a depuración natural das augas residuais. Javier Santiago, Tp3 Enxeñaría Natural
10:45 Experiencia profesional sobre autoconstrución. Mateu Ortoneda, Tierra cruda.
11:15 Experiencia persoal dun autoconstructor. Federico Pizarro, Baubab.
12:15 Legalidade e experiencias dentro da bioconstrución. Normativa, retos, mitos e panorama actual do sector. Miguel Fresno, Arquiteutu Técnicu na Rede
12:45 Xestión da Autoconstrución. Patricia Cebada, Taller karuna.
13:30 Mesa Redonda
14:00. ECO-XANTAR
17:00 Presentación de obradoiros e inaguración da exposición interactiva experimental
18:00 Comezo dos obradoiros
– Fornos solares. Juan Bello
– Composteiro. Maria Lafuente, ADEGA
21:00 ECO2 CEA E FESTA GUAT-ECO CON HUMANITY
Actividades familiares/infantís paralelas
Maña: Xoguetes para a construción. Sistema Lupo.
Espiral aromáticas. Rubén Escuredo
Tarde: Xoguetes para a construción. Sistema Lupo.
Cosmética natural. Almudena Ares. Xacias
Domingo 16
10:00 Visión. Vivir en comunidade. Covivenda. Rosalidia Álvarez, Otra forma de habitar.
10:30 Desenvolvemento. Vivir en comunidade. Covivenda. Iñaki Alonso, Satt/Entrepatios.
11:00 A experiencia construtiva nas ecoaldeas. Toni Marín, REd Ibérica de ecoaldeas (RIE) e Global Network EcoVillage (GEN)
11:30. Mesa Redonda
12:15 Dinámica de facilitación. Catro Espazos
14:00. ECO-XANTAR de despedida e peche das Xornadas
2 Responses to “V XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN. SOBERANÍA E AUTOXESTIÓN”
Boas quería inscribirme eu e utra persoa, oderiasme informar do Prezo, e forma de pago. Gracias!
A asistencia e de balde, ainda que tes que estar inscrito. Soamente tes que pagar as comidas no caso de querer disfrutar delas,
Para a inscripción entra nesta direción:
http://espigabioconstrucion.org/actividades/
un saudo
Miguel