ASEMBLEA ANUAL 2016

Byespiga_biocons

ASEMBLEA ANUAL 2016

 

Pola presente convocamos a todas a asistir a Asemblea Xeral 2016.

Esta terá lugar en Palas de Rei, o día 30 de xaneiro, sábado, no centro Comarcal A Ulloa (Avenida de Compostela nº55).

Acompañase a orde do día provisional nun arquivo adxunto.

Queremos aproveitar esta ocasión para xuntarnos e falar da asociación e das posibilidade das mesma. Por isto temos programado xuntarnos todo o sábado. Pola mañá teremos a parte mais formal da asemblea, que propoñen os estatutos (aprobación de contas e orzamentos, aprobación de cotas etc, e memoria de xestión), despois ter unha comida de confraternización e pola tarde teremos tempo para falar tranquilamente en grupos e asemblea de temas que sexan de interese para a asociación: como nos queremos organizar, como levamos a cabo os distintos proxectos, como intercambiamos a información, como gardamos a información, como difundimos as nosas actividades, como participamos e facemos participar a sociedade…..

É moi importante que nos xuntemos tanto socios, como voluntarios e interesados en xeral, para ter unha visión o mais ampla posible.

Para poder organizar a comida e os lugares de encontro necesitamos ter unha idea da xente que imos xuntarnos, polo que pregamos que si estás interesado en vir, devolvas un correo o mais axiña que podas, co teu nome, telefono e lugar(para organizar tamén a viaxe), indicando as sesións nas que estarás presente (mañá. comida, tarde).

A comida a teremos nun establecimento cercano, e a prezo asequible, ainda sen concretar.

 

Unha aperta,

Santiago de Compostela a 13 de xaneiro do 2016.

Byespiga_biocons

ESPIGA na VI Xornadas da sustentabiliade na UDC

O proximo martes dia 1 de decembro estaremos na VI Xornadas de Sistetabilidade na UDC, que terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxia no campus de Elviña, entre as 11 e as 18 horas.

Podedes acercaros por ali a compartir connosco un rato e compartir ideas e ilusións

Cartaz VI Xornada Sustentabilidade UDC

Ademais

Durante toda a xornada poderás participar en:

  • Obradoiro de libretas 2 caras 2 usos
  • Exposición A Pegada Ecolóxica
  • Mercadiño de troco:

Trae os teus Libros, Roupa e Accesorios e volta a casa con uns novos!!

Contaremos con puntos de recollida de:

  • Móbiles
  • Roupa e xoguetes
  • Aceite usado

Participa doando as cousas que xa non che serven!!

Haberá obradoiros gratuitos durante a xornada:

  • Cosmética natural
  • Reutilizamos caixas de froita e botellas
  • Creación de adornos de Nadal con refugallos
  • Ergonomía e mantemento da bici

Consulta horarios no blog da OMA, e inscríbete en oma3@udc.es

Ademais, contaremos coa proxección de Fíos Fora, documental que fai un novelo do sector téxtil en Galiza e no extranxeiro, antes e agora. http://fiosfora.gal/

Otras das entidades participantes que poderás coñecer son:

Enxeñería sen fronteiras, Arquitectura sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Mobi-Liza, Grupo Naturalista Hábitat, CEIDA, Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Mar de Mares, Equus Zebra, Mobilizate pola Selva.

Máis información no blog na OMA, Facebook e Twitter.

 

 

Byespiga_biocons

XORNADAS BIOCONSTRUCION UDC

XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN EN A CORUÑA

XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN código

ORGANIZA: ASOCIACIÓN ESPIGA E ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA

FINANCIA: XUNTA DE GALICIA – COOPERACIÓN GALEGA

LUGAR: A Coruña. Campus de Elviña (sala de graos 1 da Escola de Camiños, Canais e Portos).

PREZO E INSCRICIÓN: Actividade gratuita, inscrición en info@galicia.isf.es indicando no asunto “xornadas bioconstrución” para estimación previa de asistencia

Estas xornadas poden complementarse se se desexa asistindo ao Obradoiro práctico de contrución con COB (ten prazas restrinxidas), polas mesmas datas. 

 

Xoves 17 de setembro
“A BIOCONSTRUCIÓN”
16.00 h Presentación Xornadas.
16:30 h.Presentación Espiga (Asociación Galega para a Bioconstrución). Proxectos e Actividades.
17.00 h Toni Marín. Director da revista Ecohabitar.
18.30 h Silvia De Santos. Arquitecta. Especialista en medicións e proxectos de biohabitabilidade. Representante do Instituto Español de Baubiologie.Xoves 24 de setembro
“SAÚDE”
17.00 h Elisabet Silvestre. Doctora en Bioloxía. Experta en bioloxía do hábitat.
18.30 h Inhar Agirrezabal. Especialista en Medicións.

Xoves 1 de outubro
“TECNOLOXÍAS APROPIADAS”
16.00 h Esteve Navarrete – Auba Bioarquitectura. Arquitecto especializado en bioconstrución,
17.00 h Alejandro López – Cooperativa Okambuva. Deseñador industrial e gráfico, arquitecto interiorista, bioconstrutor, formador en bioconstrución.
18.00 h Ismael Caballero – Ismana. Enxeñeiro Civil Doctorado en Sistemas Enerxéticos.

Xoves 8 de outubro
“EFICIENCIA ENERXÉTICA”
16.30 h Benito Sánchez Montañes. Dr. Arquitecto. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Universidade de Sevilla.
17.30 h Maria Rosa de la Iglesia. Arquitecta. Miembro do equipo xestor da Plataforma de Edificación Passivhaus – PEP
18.30 h Iñaki Alonso. Arquitecto en Satt. Doce anos de experiencia en investigación e desenvolvemento de proxectos ecolóxicos aplicados á arquitectura. Presidente de Ecómetro (asociación).

 

Viernes 16 de outubro
“VISITAS TÉCNICAS”
16:00 – Visita BANCOB – Mobiliario urbano realizado en obradoiro dentro do curso de bioconstrución da UDC.
Lugar: Parterre anexo a parada autobus da Escola de Informática da UDC – Campus de Elviña.
Coordina: Víctor González e Marta Salgado.

17:00 – Visita Módulo BIOVALVO – Edificio experimental baixo o estándar passivhaus e bioconstrución, con conchas de mexillón.
Lugar: Parcela anexa as hortas urbanas da UDC – Campus de Elviña.
Coordina: Carolina Martínez e Mike Lehmhaus.

18:00 – Visita Módulo Bioclimático Experimental “A Vieira”
Lugar: CIFP SOMESO
Coordina: Juan Bello Llorente

 

Byespiga_biocons

PROGRAMA DAS III XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN

Xa temos pechado o programa das III Xornadas de Bioconstrución

cabecera2

PROGRAMA

Venres 12

16:00    Presentación xornadas: Deputación de Lugo e Concello de Monforte de Lemos

16:30    Presentación da Asociación Espiga

17:00    XAVIER JANER-Asociación TERRAM: Introdución á Construción con terra.

18:00    KARME GARCÍA E EDGAR MEDINA (Arquitectura sen Fronteiras):Construción de adobe antisismo en Guatemala

19:00    CRUZ IGLESIAS: Rovocos de barro: influencia na saúde e o confort das persoas

20:00    fin dá xornada do venres

 Sábado 13

10:00    ALESSANDRO CARBUTTI (Arquisolux):Pavimentos de terra: execución e acabados.

10:30    JAVIER OVEJERO: Terra alixerada: sistema construtivo e obras

11:00 CAROLINA SÁNCHEZ: Exemplo de restauración de tapia en Galicia.

11:30 COOPERATIVA HABITAT SOCIAL: Obras contemporáneas de terra en Galicia

12:00 pausa café

12:20 MARTÍN MOREDA e VICTOR GONZÁLEZ: Software para o cálculo dunha construción con Superadobe: HoMoDoMo

12:50 ADOBERA DEL NORTE: Emprendemento no rural mediante sistemas construtivos de terra: BTC, Adobe e tapia

13:20    Mesa Redonda: Situación actual na construción con terra e Galicia

Modera Sabela Núñez, Arq. da Oficina de Rehabilitaciónd e Monforte.

14:000 fin dá xornada de mañá

14:00    Comida conxunta de tódolas asistentes as xornadas.

16:30    Obradoiros

Pola tarde levaranse a cabo distintos obradoiros demostrativos de técnicas de construción con terra. Os asistentes as xornadas poderán axudar aos a aplicadores en cada undas técnicas segundo o seu interese, metendo as mans na masa, ou simplemente asistir como observadores a realización destas demostracións.

Estes obradoiros están organizados pola Excelentísima Deputación de  Lugo

  1. Técnica de entrelazado (bahareque): Elaboración dun tabique interior con polas entrelazadas a unha estructura de madeira rechea de palla-barro. O obradoiro levarase a cabo por Carolina Sánchez e Damián Prado. Especialistas en restauración e construción natural.
  2. Arxila Alixeirada, mestura de barro e palla para recheos de muros de peche. O obradoiro o levará a cabo Javier Ovejero. Evanista e bioconstutor http://tortugaboreal.blogspot.com.es/.
  3. A tapia. : construción dun pequeno muro de terra, levado a cabo por Jon de Adobera del Norte, empresa de fabricación e distribución de ladrillos de adobe e construcción de elementos de terra, tapia, BTC http://www.adoberadelnorte.com/
  4. Chan de barro. Preparación dun chan de barro natural. O obradoiro o levará a cabo Arquisolux, s.l. (Empresa de elaboración e distribución de materiais de construción, especializada en barro)
  5. Adobe e Terra comprimida: elaboración de bloques de terra comprimida (BTC) e adobes,  e posta en obra. O obradoiro o levará a cabo Terram (Asociación para a promoción da construción con terra).http://educaterram.wix.com/educaterram-es
  6. Cob: Elaboración de elementos construtivos con Cob (material de construción de arxila, arena, palla e terra).Obradoiro impartido por Marta Salgado, Arquitecta técnica e Interiorista e especialista en bioconstrución. https://arqtesania.wordpress.com/
  7. Revocos e pinturas: elaboración de diferentes revocos e pinturas de arcilla. Obradoiro impartido por Luciano López, especializado en pinturas, revocos e estucos de cal.

Paralelamente levaranse a cabo dous obradoiros familiares, dedicados especialmente a nenas e nenos.

11:00    Familiarización coa construción en Terra (2 horas de duración). Obradoiro familiar de manipulación de barro destinado a nenos e xoves s a través dunha proposta experimental, pedagóxica e lúdica. O obradoiro o levará a cabo TERRAM.

16:00    Recoñecemento de terras e familiarización coa olería tradicional. (2 horas de duración). O Obradoiro o levará a cabo Tomas López, Oleiro tradicional de Gundivós

 Domingo 14

As charlas do domingo terán lugar no centro do Viño de Monforte

10:00    ALEJANDRO FERNÁNDEZ PALICIO: Arquitectura de terra en Galicia. Tapia na Terra de Lemos.

11:00    Academia Europea de Construción con Terra (Alemania): Desenrolo rural e formación a nivel europeo a través da construción con terra.

12:00    Visitas guiadas

Pobra de Brollón: visita a exemplos de construción tradicional con terra e unha obra de Cob contemporánea.

Xudería de Monforte. Visita para ver a construción tradicional con terra.

14:00    Despedida e peche dás xornadas. Viño de confraternización

Actividades paralelas

Exposición: Materiais de bioconstrución. Colección propia de Juan Bello Llorente.

Exposición de paneis explicativos: CON TERRA – solucións constructivas de terra, realizado por socias y socios de Espiga.

Terá unha inauguración oficial na xornada do venres e estará aberta durante toda a duración das xornada para que poida ser visitada nos tempos de descanso e outros.

 

A asistencia ás xornadas será por rigurosa orde de inscrición, as prazas son limitadas ata esgotar o aforo. Clica aquí: INSCRICION para acceder ao formulario de inscrición. Se tes calquera dúbida escríbenos a espigabioconstrucion@gmail.com

cartel3

 

Byespiga_biocons

III Xornadas de Bioconstrución 2015

cabecera2

Dende Espiga estamos a organizar as III Xornadas de Bioconstrución para este ano 2015.

Vanse e a celebrar os dias 12, 13 e 14 de xuño en Monforte de Lemos, nunha finca anexa al Pazo de Tor (San Xoan de Tor)

Neste caso as xornadas céntranse nas aplicacións construtivas de terra, en todas as súas formas, especialmente as aplicacións en cru que son máis acordes co enfoque das xornadas.

O lugar para a celebración destas xornadas non é casual, elíxese Monforte de Lemos pola súa longa tradición en construción con terra da bisbarra (tapia especialmente) e pola existencia na zona de importantes depósitos de arxilas aptas para una gran cantidade de aplicacións construtivas.

Na edición de este ano, ademais das charlas habituais imos ter a posibilidade de presenciar a execuciónd e varias ds técnicas mais comúns e incluso de meter as mans na masa. realizaranse varios obradoiros demostrativos.

Contamos coa colaboración da Deputación de Lugo que fai  os obradoiros e  do Excelentisimo Concello de Monforte de Lemos.

En breve abriremos o prazo de inscripción.

Se queres colaborar como patrocinador das xornadas, envianos un correo-e a espigabioconstrucion@gmail.com.

 

 

Byespiga_biocons

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA 18/2/2015

O pasado 18 de febreiro de 2015 celebrouse en Santiago de Compostela unha asemble Xeral Extraordinaria para elixir a nova Xunta Directiva da Asociación para os próximos dous anos.

De seguido acompañase o acta da citada Xunta

ESPIGA. ASOCIACION GALEGA PARA A BIOCONSTRUCIÓN

18 de febreiro, 2015

Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria.

O mércores 18 de febreiro do 2015, ás 19:00 horas, en segunda convocatoria, na casa das Asociacións de Santiago de Compostela reúnense en Asemblea convocada seguindo os estatutos, os seguintes socios:

 

Angela Martínez Lago

Paul Van der Mel

Xabier Bernardez Fresco

Antonio Seijas Pardo

Ignacio Mendizabal Herrero

Xulio Fernández Pazó

Miguel Serrano Gómez

Antonio López

Roberto Rodríguez Álvaro

 

Co seguinte orde do día:

 

ORDEN DO DÍA:

Punto único:

Elección dos membros da xunta directiva

 

Os asistentes por unanimidade elixiron a seguinte xunta directiva  por un mandato de dous anos:

Presidenta:              Carolina Martínez

Vicepresidente:      Antonio Seijas Pardo

Secretario:              Miguel Serrano Gómez

Tesoureiro:             Xulio fernández Pazó

Vogais:                       Angela Martínez Lago (Proxecto madeira)

                            Xabier Bernardez Fresco (Guía de recursos. A Pedra)

                             Antonio López (Base de datos de sistemas construtivos)

                              Ignacio Mendizabal Herrero (Recuperación do uso da cal)

 

 

 

 

As 20:20 horas remata a asemblea.

 

Byespiga_biocons

Resumo da Asemblea Xeral 2014

Asemblea Xeral Ordinaria.

O mércores 10 de decembro celebrouse a asemblea xeral  ordinaria de 2014 en Santiago de Compostela

 

Nesta  asemblea falouse de unha morea de temas.

Se fixo un repaso das actividades desenvolvidas durante o ano 2014, e o avance dos distintos proxectos en marcha: guía de recursos de Galicia, base de datos de sistemas bioconstrutivos, a recuperación do uso da cal, a madeira na construción, …

Repasáronse as contas do 2014, e aprobáronse os orzamentos para o ano 2015.

 

Acordouse a organización de visitas para os próximos meses, as instalacións de Sierolam en Asturias, as de Villapol en Lugo,  algunha vivenda biconstruida rematada e ao museo de Cal en Moron.  Nos próximos meses, confirmarán estas visitas  e se lanzarán as convocatorias correspondientes, abertas a todo o  mundo.

 

Pensando no ano 2015, propuxemos dinamizar os grupos de traballo para poder dar un pulo aos proxectos en marcha. Estes terán un coordinador que fará as convocatorias das xuntanzas necesarias para realizar as actividades que se pense adecuadas.

Os grupos de traballo propostos son os seguintes:

  • Proxecto de recuperación do uso da cal en Galicia:
  • Guía de Recursos de bioconstrución en Galicia
  • Base de datos de elementos construtivos de bioconstrución
  • A construción con terra
  • O uso da madeira
  • A pedra

 

Si estas interesado en colaborar cos grupos de traballo que tratan estes proxectos envíanos un correo-e (espigabioconstrucion@gmail.com), dinos en que grupo queres participar e estarás informado das próximas xuntanzas e actividades do grupo

Byespiga_biocons

ASAMBLEA XERAL ANUAL ESPIGA 2014

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ANUAL DE ESPIGA 2014

O mercores 10 de decembro de 2014, as 16:30 horas, en primeira convocatoria e as 17:00 horas en segunda convocatoria, en Santiago de Compostela, na Casa das Asociacións na rúa Manuel Beiras (antiga Estación de Cornes).

ORDEN DO DÍA:

  • Informe da Presidencia.
  • Informe de Tesourería: balance económico provisional do ano 2.014, debate e aprobación se procede das cuotas de sociXs para o ano 2015, e presentación, debate e aprobación se procede, do orzamento do ano 2015
  • Memoria de actividades realizadas no ano 2.014.
  • Informe do estado e avance dos proxectos en marcha:
    1. Guia de recursos de bioconstrución en Galicia
    2. Base de datos de sistemas bioconstrutivos adaptados a Galicia
    3. Recuperación dos usos da cal
    4. A madeira na construcción
    5. O uso do barro
  • Propostas de actividades para o 2015
  • Rogos e preguntas.

A asamblea está aberta as socias e socios e as persoas interesadas na Asociación, ainda que non sexan socixs.

Información sobre a localización da Casa das Asociacións: http://www.santiagoturismo.com/programadores-culturais/casa-das-asociacions

Byespiga_biocons

VISITA a MONDOÑEDO 29 de Novembro de 2014

Poñer en valor a madeira e o patrimonio arquitectónico

Como continuación das II Xornadas de Bioconstrución sobre a madeira estrutural que celebramos recentemente en Rabade, Espiga propón unha viaxe ata  Mondoñedo da man de David Lorenzo Fouz  (Enxeñeiro de Montes, e especialista en patoloxías da madeira) e apoiados pola oficina de rehabilitación de Mondoñedo, para visitar algunhas obras de interés, relacionadas coa madeira e co patrimonio construido.

XT_Mondoñedo_final_programa-Def-2

 

Se queres axudarnos na difusión podes descargar o cartaz facendo clik aquí.

Será o vindeiro sabado 29 de novembro a partires das 10 da mañá.

En Mondoñedo faremos as seguintes visitas

  • Reparación da viga do casino de Mondoñedo
  • As Cerchas da cuberta da catedral
  • A rehabilitación do antigo cuartel da Guardia Civil
  • Rede romana de saneamento
  • e  algunha sorpresa mais

Para os que queiran quedarse o domingo, organizaremos visitas guiadas por Mondoñedo.

A Visita é de balde, pero é necesaria a inscrición previa, cubrindo o seguinte formulario.

 

 

 

Byespiga_biocons

Curso de Xeobioloxía e Bioconstrución. As Corcerizas (Ourense). 8 e 9 de novembro 2014

As Corcerizas: Centro de Educación Ambiental, xeobioloxia

Xeobioloxía do terreo e estudos de biohabitabilidade

Unha axeitada prospección da xeobioloxía do terreo daranos información sobre posibles alteracións; aprendendo cómo replantexar o posicionamentoda edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade. Aprenderemos a facer un estudo de Biohabitabilidade e a elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios daBioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. Así como o uso e manutención e a súa vinculación coa saúde.

Bioconstrución entende unha relación de saúde e harmonía entre a vivenda e as persoas, respetando o medio e incorporando sistemas eficientes e aforradores de enerxía. Os días 8 e 9 de Novembro, levaremos a cabo un curso co obxectivo de mostrar os aspectos a ter en conta dende o momento de plantexar o edificio, integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar.

Apúntate canto antes! aquí o PROGRAMA COMPLETO XEOBIOLOXÍA E BIOCONSTRUCIÓN.

  • FORMADORXulio Fernández Pazóarquitecto técnico vinculado coa saúde e Xeobioloxía dende hai máis de 15 anos, orientou os seus proxectos actuais neste eido: www.bioconstruir.es. Actualmente é o presidente fundador da asociación Espiga para a Bioconstrución en Galicia, encargada da difusión e cohesión da Bioconstrución en Galicia, formando, aprendendo e compartindo coñecemento que nos permita disfrutar de espazos saudables para o ser humano: espigabioconstrucion.org
  • DESTINATARIAS: O curso está dirixido ao público en xeral, calquera persoa interesada na mellora da calidade da súa vivenda e da sostibilidade; especialmente dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio,arqueoloxía, etc.
  • IMPORTE DA MATRÍCULA: 70 €

Neste curso pretendese mostrar a importancia de ter en conta varios aspectos dende o momento de plantexar o edificio, elexir o lugar integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar. Unha axeitada prospección da xeobioloxÍa do terreo daranos información sobre posibles alteracións como venas de auga, fallas, redes telúricas, radiofrecuencias artificiais de telefonía e antenas, radioactividade natural, etc.; permitindo replantexar o posicionamento da edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade (vivenda, almacén, estudio). Faremos un estudo de Biohabitabilidade para recoñecer os materiales construtivos, elementos e químicos non aptos; e elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios da Bioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. O uso e manutención dunha edificación bioconstruida, productos químicos, solventes, cloruros, etc. e a súa vinculación coa saúde.

 

para mais información e einscripcións,  pincha aqui