Organiza: Espiga Asociación Galega para a Bioconstrución, mediante o Grupo de Traballo de Madeira
Data: 28 de Maio de 2016
Lugar: Casa Bio, Poligono Chan da Ponte. Salvaterra do Miño (Pontevedra)
Inscripción previa e aberta só para socios e simpatizantes de Espiga.
– AFORO COMPLETO –
O formulario segue aberto ata o próximo luns, dia 23. As seguintes inscricións quedarán en lista de espera.
As unión tradicionais en madeira ou unións carpinteiras permitenos ensamblar pezas sen o uso de cravos ou colas. As unions constitúen a parte máis complicada e delicadas das estructuras de madeira. Na actualidade existe unha gran variedade de solucions e formas para unir elementos de madeira, dependendo da forma da unión, dos elementos, medios de fixación, así como dos esforzos e cargas que afecten a estructura.
O proceso da construción de estructura de madeira está profundamente relaciona co desenrolo tecnolóxico dos medios da unión. As unión requiren unha relevante importancia no deseño e no cálculo estructural.
Tradicionalmente, as unions carpinteiras desenrolaronse mediante un sistema chamado carpintaría de armar, que permitía ensamblar pezas na procura dun aforro económico a través caixas e rebaixes. Sendo os tipos mais frecuentes as unións de caixa e espiga, o embarbillado, a cola de milano ou a media madeira entre outras…
Antigamente requería dunha man de obra especializada polo que deixaron de utilizarse, sen embargo na actualidade e gracias a máquina de control numérico e os métodos de cálculo estructural desenvolvidos, están de actualidade por estética e por prezo.
Programa actualizado
Maña:
Introdución teórica sobre as unións artesanais, co apoio de maquetas que podermos ver e tocar.
Tratamentos da madeira con aceites naturais.
Visita o espazo de Casa Bio, onde se verán diferentes estructuras que están a construír neste momento.
Estando ó cargo de:
Tarde:
Obradoiro-prático de ensambles tradicionais. Luís Mendez (carpinteiro de Casa Bio)
Convocatoria en Mondoñedo das xornadas de arquitectura sobre humidades nos muros de fabrica.
Organiza: Espiga Asociación Galega para a Bioconstrución, Círculo de Recreo Casino de Mondoñedo, Oficina de Rehabilitación de Mondoñedo e o Concello de Mondoñedo.
Datas: 9 e 10 de Abril de 2016
Lugar: Casino de Mondoñedo
As xornadas de arquitectura nas que abordarase o problema das humidades nos muros de fábrica tradicionais, propoñendo diferentes solucións. Durante a celebración das xornadas realizaranse diferentes actividades, relatorios, visitas técnicas, un obradoiro….
Inscripción: Gratuíta e poderanse realizar no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1shk3TrDU0TCW6ihxcJjmSvm2kjaKmxG_r2DW0S0Hz_M/viewform
Ou ben enviando un correo electrónico a arquitecturamondonedo@gmail.com
¡Obradoiro con plazas limitadas!
Programa das xornadas:
Sábado 9 de abril 2016
9h45 – 10h | Recepción e presentación das Xornadas no Casino de Mondoñedo.
Ponencias
10h00 – 11h00 | Procesos patolóxicos nos muros de fábrica debidos a auga. D. Alfonso Gerónimo Lozano Martínez-Luengas. Doutor en Enxeñaría Industrial. Profesor da Universidade de Oviedo
11h00 – 11h30h | Pausa – café no Casino
11h30 – 12h30 | Solucións técnicas na rehabilitación e impermeabilización dos edificios. D. Manuel Álvarez Losada. Arquitecto técnico. Profesor titular de construción arquitectónica da Universidade da Coruña
12h30 – 13h30 | As humidades. Solucións con revocos. D. Julio Barbero Moreno. Artesán revocador.
13h30 – 13h40 | Presentación do taller de cal do domingo.
13h40 – 16:30 | Comida de tapas polos bares do pobo.
Visitas
16h30 – 19h30 | Visitas en Mondoñedo
Auditorio e Casa dos escritores (capela). Guiadas por D. Manuel Álvarez Losada y Dña. Eva Otero Leal.
Catedral de Mondoñedo. Guiados por D. Valentín Insua Palacios y D. Julio Barbero Moreno.
Barrio dos Muíños. Guiados por D. Alfonso Gerónimo Lozano Martínez-Luengas y Dña. Marta Candocia Acción.
Pequenas rutas turísticas aproveitando o enlace entre visitas.
Domingo 10 de abril 2016
10h00 – 14h00 | Obradoiro “Revocos de cal”
14h00 | Fin da Xornada
Visualización do cartel do programa:
Pola presente convocamos a todas a asistir a Asemblea Xeral 2016.
Esta terá lugar en Palas de Rei, o día 30 de xaneiro, sábado, no centro Comarcal A Ulloa (Avenida de Compostela nº55).
Acompañase a orde do día provisional nun arquivo adxunto.
Queremos aproveitar esta ocasión para xuntarnos e falar da asociación e das posibilidade das mesma. Por isto temos programado xuntarnos todo o sábado. Pola mañá teremos a parte mais formal da asemblea, que propoñen os estatutos (aprobación de contas e orzamentos, aprobación de cotas etc, e memoria de xestión), despois ter unha comida de confraternización e pola tarde teremos tempo para falar tranquilamente en grupos e asemblea de temas que sexan de interese para a asociación: como nos queremos organizar, como levamos a cabo os distintos proxectos, como intercambiamos a información, como gardamos a información, como difundimos as nosas actividades, como participamos e facemos participar a sociedade…..
É moi importante que nos xuntemos tanto socios, como voluntarios e interesados en xeral, para ter unha visión o mais ampla posible.
Para poder organizar a comida e os lugares de encontro necesitamos ter unha idea da xente que imos xuntarnos, polo que pregamos que si estás interesado en vir, devolvas un correo o mais axiña que podas, co teu nome, telefono e lugar(para organizar tamén a viaxe), indicando as sesións nas que estarás presente (mañá. comida, tarde).
A comida a teremos nun establecimento cercano, e a prezo asequible, ainda sen concretar.
Unha aperta,
Santiago de Compostela a 13 de xaneiro do 2016.
O proximo martes dia 1 de decembro estaremos na VI Xornadas de Sistetabilidade na UDC, que terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxia no campus de Elviña, entre as 11 e as 18 horas.
Podedes acercaros por ali a compartir connosco un rato e compartir ideas e ilusións
Ademais
Durante toda a xornada poderás participar en:
Trae os teus Libros, Roupa e Accesorios e volta a casa con uns novos!!
Contaremos con puntos de recollida de:
Participa doando as cousas que xa non che serven!!
Haberá obradoiros gratuitos durante a xornada:
Consulta horarios no blog da OMA, e inscríbete en oma3@udc.es
Ademais, contaremos coa proxección de Fíos Fora, documental que fai un novelo do sector téxtil en Galiza e no extranxeiro, antes e agora. http://fiosfora.gal/
Otras das entidades participantes que poderás coñecer son:
Enxeñería sen fronteiras, Arquitectura sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Mobi-Liza, Grupo Naturalista Hábitat, CEIDA, Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Mar de Mares, Equus Zebra, Mobilizate pola Selva.
Máis información no blog na OMA, Facebook e Twitter.
ORGANIZA: ASOCIACIÓN ESPIGA E ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA
FINANCIA: XUNTA DE GALICIA – COOPERACIÓN GALEGA
LUGAR: A Coruña. Campus de Elviña (sala de graos 1 da Escola de Camiños, Canais e Portos).
PREZO E INSCRICIÓN: Actividade gratuita, inscrición en info@galicia.isf.es indicando no asunto “xornadas bioconstrución” para estimación previa de asistencia
Estas xornadas poden complementarse se se desexa asistindo ao Obradoiro práctico de contrución con COB (ten prazas restrinxidas), polas mesmas datas.
Xoves 1 de outubro
“TECNOLOXÍAS APROPIADAS”
16.00 h Esteve Navarrete – Auba Bioarquitectura. Arquitecto especializado en bioconstrución,
17.00 h Alejandro López – Cooperativa Okambuva. Deseñador industrial e gráfico, arquitecto interiorista, bioconstrutor, formador en bioconstrución.
18.00 h Ismael Caballero – Ismana. Enxeñeiro Civil Doctorado en Sistemas Enerxéticos.
Xoves 8 de outubro
“EFICIENCIA ENERXÉTICA”
16.30 h Benito Sánchez Montañes. Dr. Arquitecto. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Universidade de Sevilla.
17.30 h Maria Rosa de la Iglesia. Arquitecta. Miembro do equipo xestor da Plataforma de Edificación Passivhaus – PEP
18.30 h Iñaki Alonso. Arquitecto en Satt. Doce anos de experiencia en investigación e desenvolvemento de proxectos ecolóxicos aplicados á arquitectura. Presidente de Ecómetro (asociación).
Viernes 16 de outubro
“VISITAS TÉCNICAS”
16:00 – Visita BANCOB – Mobiliario urbano realizado en obradoiro dentro do curso de bioconstrución da UDC.
Lugar: Parterre anexo a parada autobus da Escola de Informática da UDC – Campus de Elviña.
Coordina: Víctor González e Marta Salgado.
17:00 – Visita Módulo BIOVALVO – Edificio experimental baixo o estándar passivhaus e bioconstrución, con conchas de mexillón.
Lugar: Parcela anexa as hortas urbanas da UDC – Campus de Elviña.
Coordina: Carolina Martínez e Mike Lehmhaus.
18:00 – Visita Módulo Bioclimático Experimental “A Vieira”
Lugar: CIFP SOMESO
Coordina: Juan Bello Llorente
16:00 Presentación xornadas: Deputación de Lugo e Concello de Monforte de Lemos
16:30 Presentación da Asociación Espiga
17:00 XAVIER JANER-Asociación TERRAM: Introdución á Construción con terra.
18:00 KARME GARCÍA E EDGAR MEDINA (Arquitectura sen Fronteiras):Construción de adobe antisismo en Guatemala
19:00 CRUZ IGLESIAS: Rovocos de barro: influencia na saúde e o confort das persoas
20:00 fin dá xornada do venres
10:00 ALESSANDRO CARBUTTI (Arquisolux):Pavimentos de terra: execución e acabados.
10:30 JAVIER OVEJERO: Terra alixerada: sistema construtivo e obras
11:00 CAROLINA SÁNCHEZ: Exemplo de restauración de tapia en Galicia.
11:30 COOPERATIVA HABITAT SOCIAL: Obras contemporáneas de terra en Galicia
12:00 pausa café
12:20 MARTÍN MOREDA e VICTOR GONZÁLEZ: Software para o cálculo dunha construción con Superadobe: HoMoDoMo
12:50 ADOBERA DEL NORTE: Emprendemento no rural mediante sistemas construtivos de terra: BTC, Adobe e tapia
13:20 Mesa Redonda: Situación actual na construción con terra e Galicia
Modera Sabela Núñez, Arq. da Oficina de Rehabilitaciónd e Monforte.
14:000 fin dá xornada de mañá
14:00 Comida conxunta de tódolas asistentes as xornadas.
16:30 Obradoiros
Pola tarde levaranse a cabo distintos obradoiros demostrativos de técnicas de construción con terra. Os asistentes as xornadas poderán axudar aos a aplicadores en cada undas técnicas segundo o seu interese, metendo as mans na masa, ou simplemente asistir como observadores a realización destas demostracións.
Estes obradoiros están organizados pola Excelentísima Deputación de Lugo
Paralelamente levaranse a cabo dous obradoiros familiares, dedicados especialmente a nenas e nenos.
11:00 Familiarización coa construción en Terra (2 horas de duración). Obradoiro familiar de manipulación de barro destinado a nenos e xoves s a través dunha proposta experimental, pedagóxica e lúdica. O obradoiro o levará a cabo TERRAM.
16:00 Recoñecemento de terras e familiarización coa olería tradicional. (2 horas de duración). O Obradoiro o levará a cabo Tomas López, Oleiro tradicional de Gundivós
As charlas do domingo terán lugar no centro do Viño de Monforte
10:00 ALEJANDRO FERNÁNDEZ PALICIO: Arquitectura de terra en Galicia. Tapia na Terra de Lemos.
11:00 Academia Europea de Construción con Terra (Alemania): Desenrolo rural e formación a nivel europeo a través da construción con terra.
12:00 Visitas guiadas
Pobra de Brollón: visita a exemplos de construción tradicional con terra e unha obra de Cob contemporánea.
Xudería de Monforte. Visita para ver a construción tradicional con terra.
14:00 Despedida e peche dás xornadas. Viño de confraternización
Exposición: Materiais de bioconstrución. Colección propia de Juan Bello Llorente.
Exposición de paneis explicativos: CON TERRA – solucións constructivas de terra, realizado por socias y socios de Espiga.
Terá unha inauguración oficial na xornada do venres e estará aberta durante toda a duración das xornada para que poida ser visitada nos tempos de descanso e outros.
A asistencia ás xornadas será por rigurosa orde de inscrición, as prazas son limitadas ata esgotar o aforo. Clica aquí: INSCRICION para acceder ao formulario de inscrición. Se tes calquera dúbida escríbenos a espigabioconstrucion@gmail.com
Dende Espiga estamos a organizar as III Xornadas de Bioconstrución para este ano 2015.
Vanse e a celebrar os dias 12, 13 e 14 de xuño en Monforte de Lemos, nunha finca anexa al Pazo de Tor (San Xoan de Tor)
Neste caso as xornadas céntranse nas aplicacións construtivas de terra, en todas as súas formas, especialmente as aplicacións en cru que son máis acordes co enfoque das xornadas.
O lugar para a celebración destas xornadas non é casual, elíxese Monforte de Lemos pola súa longa tradición en construción con terra da bisbarra (tapia especialmente) e pola existencia na zona de importantes depósitos de arxilas aptas para una gran cantidade de aplicacións construtivas.
Na edición de este ano, ademais das charlas habituais imos ter a posibilidade de presenciar a execuciónd e varias ds técnicas mais comúns e incluso de meter as mans na masa. realizaranse varios obradoiros demostrativos.
Contamos coa colaboración da Deputación de Lugo que fai os obradoiros e do Excelentisimo Concello de Monforte de Lemos.
En breve abriremos o prazo de inscripción.
Se queres colaborar como patrocinador das xornadas, envianos un correo-e a espigabioconstrucion@gmail.com.
O pasado 18 de febreiro de 2015 celebrouse en Santiago de Compostela unha asemble Xeral Extraordinaria para elixir a nova Xunta Directiva da Asociación para os próximos dous anos.
De seguido acompañase o acta da citada Xunta
ESPIGA. ASOCIACION GALEGA PARA A BIOCONSTRUCIÓN
18 de febreiro, 2015
Acta da Asemblea Xeral Extraordinaria.
O mércores 18 de febreiro do 2015, ás 19:00 horas, en segunda convocatoria, na casa das Asociacións de Santiago de Compostela reúnense en Asemblea convocada seguindo os estatutos, os seguintes socios:
Angela Martínez Lago
Paul Van der Mel
Xabier Bernardez Fresco
Antonio Seijas Pardo
Ignacio Mendizabal Herrero
Xulio Fernández Pazó
Miguel Serrano Gómez
Antonio López
Roberto Rodríguez Álvaro
Co seguinte orde do día:
ORDEN DO DÍA:
Punto único:
Elección dos membros da xunta directiva
Os asistentes por unanimidade elixiron a seguinte xunta directiva por un mandato de dous anos:
Presidenta: Carolina Martínez
Vicepresidente: Antonio Seijas Pardo
Secretario: Miguel Serrano Gómez
Tesoureiro: Xulio fernández Pazó
Vogais: Angela Martínez Lago (Proxecto madeira)
Xabier Bernardez Fresco (Guía de recursos. A Pedra)
Antonio López (Base de datos de sistemas construtivos)
Ignacio Mendizabal Herrero (Recuperación do uso da cal)
As 20:20 horas remata a asemblea.
O mércores 10 de decembro celebrouse a asemblea xeral ordinaria de 2014 en Santiago de Compostela
Nesta asemblea falouse de unha morea de temas.
Se fixo un repaso das actividades desenvolvidas durante o ano 2014, e o avance dos distintos proxectos en marcha: guía de recursos de Galicia, base de datos de sistemas bioconstrutivos, a recuperación do uso da cal, a madeira na construción, …
Repasáronse as contas do 2014, e aprobáronse os orzamentos para o ano 2015.
Acordouse a organización de visitas para os próximos meses, as instalacións de Sierolam en Asturias, as de Villapol en Lugo, algunha vivenda biconstruida rematada e ao museo de Cal en Moron. Nos próximos meses, confirmarán estas visitas e se lanzarán as convocatorias correspondientes, abertas a todo o mundo.
Pensando no ano 2015, propuxemos dinamizar os grupos de traballo para poder dar un pulo aos proxectos en marcha. Estes terán un coordinador que fará as convocatorias das xuntanzas necesarias para realizar as actividades que se pense adecuadas.
Os grupos de traballo propostos son os seguintes:
Si estas interesado en colaborar cos grupos de traballo que tratan estes proxectos envíanos un correo-e (espigabioconstrucion@gmail.com), dinos en que grupo queres participar e estarás informado das próximas xuntanzas e actividades do grupo
O mercores 10 de decembro de 2014, as 16:30 horas, en primeira convocatoria e as 17:00 horas en segunda convocatoria, en Santiago de Compostela, na Casa das Asociacións na rúa Manuel Beiras (antiga Estación de Cornes).
ORDEN DO DÍA:
A asamblea está aberta as socias e socios e as persoas interesadas na Asociación, ainda que non sexan socixs.
Información sobre a localización da Casa das Asociacións: http://www.santiagoturismo.