Voltamos á actividade cunha proposta que xa moitos de vos estabades esperando, o CURSO DE “CAL E OS SEUS USOS”, da man de Montse Guixeras e Sònia Luna de O Centro de Estudios da Cal JOYSTUC.
Este curso plantéxase co obxectivo primordial de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración/conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.
O curso vai dirixido a tódolas persoas profesionais do mundo da construción e do estuco, especialmente a: pintoras, decoradoras, albanéis, interioristas, aparelladoras, arquitectas ou enxeñeiras, conservadoras, restauradoras, bioconstrutoras, rehabilitadoras, arquéologas, técnicas de patrimonio, etc. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade da súas vivendas e da sostibilidade.
DATOS DO CURSO
Lugar: Albergue de Ecoturismo Alvarella (5Km de Pontedeume – A Coruña)
Datas: xoves 10 , venres 11 e sábado 12 de outubro
Horario: 9:30 a 13:30 – 15:30 a 18:30 (o sábado é unha hora menos)
Duración: 20hs
Prazas: 20 persoas
Custe curso: 150€
Custe aloxamento:
– Pensión completa*: 42€ persoa e día (37€ se levas o teu saco e a túa toalla)
– Xantar só: 18€ persoa e día
– Xantar e cear: 30€ persoa e día
Se non te aloxas nin fas ningunha comida alí, non tes ningún custe engadido.
(prezos con IVE incluido)
(*) O total do aloxamento e manutención para o curso son dúas xornadas con pensión completa e un xantar (102€ ou 92€ se levas saco e toalla).
PROGRAMA
No curso trataranse os segunites puntos a nivel teórico:
– Definición de áridos, análisis e clasificación.
– Introducción teórica a prácica de formulación de morteiros cos áridos de cada participante.
– Pigmentos.
– Distintas concentracións de cal en disolución. Aplicación.
– Preparación de cores.
– Hidraulización de pastas aéreas. Morteiros romanos. Rexuntados ou encintados.
– Pavimentos.
A nivel práctico se realizarán os seguintes obradoiros:
– Anális dos soportes e preparación de morteiros e ferramentas adecuadas.
– Execución de capas base.
– Capa base. Formulación de morteiros cos áridos dos participantes.
– Cor da cal. Realización de 2 cores.
– Capa intermedia. Proporcións. Acabados.
– Estuco Lume (Estuco al fuego). Fresco.
– Pinturas de cal.
– Veladuras de auga forte.
– Esgrafiado. Preparación e execución.
– Pavimentos continuos.
A calidade da formación é elevada, como xa moitas de vos o poidestes comprobar nas Xornadas de Viveiro. Podedes ver aquí fotos das obras executadas por JOYSTUC en máis de dez anos de actividade, e a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores, interiores, zonas húmedas, pavimentos…
Quen así o desexe poderá obtener o certificado de asistencia e aproveitamento de JOYSTUC FORMACIÓ, DIFUSIÓ I ASSESSORAMET EN CALÇ.
As inscripcións (tanto sexa para o curso como para o aloxamento e manutención) se realizarán a través do noso enderezo electrónico: espigabioconstrucion@gmail.com , indicando no asunto “curso cal”, e facilitando o teu nome, enderezo electrónico e teléfono. Xa dende o enderezo, facilitaremos o número de conta para facer o pagamento e máis detalles (ferramentas, roupa axeitada, etc…) para asistir ao curso.
Se houbese lista de espera, gustaríannos poder repetir o curso no sur de Galicia preto de Ourense.
ESPERÁMOSVOS!
2 Responses to “Curso de CAL AEREA con JOYSTUC en Vilarmaior (A Coruña)”
Hola, soy Miguel Miñambres Fernández, me gustaría apuntarme al curso de cal aérea de Pontedeume, me quedaría en régimen de pensión completa (llevaría saco y toalla). Querría saber si todavía quedan plazas. También me gustaría formar parte de la asociación, soy carpintero y resido y ejerzo mi actividad en Becerreá (Lugo). Un saludo.
________________________________
[…] http://espigabioconstrucion.wordpress.com/2013/09/12/curso-de-cal-aerea-con-joystuc-en-vilarmaior-a-… […]