Organizado por Habitat Social. Cooperativa Galega en colaboración con Espiga. Asociación para a bioconstrución de Galicia
Data: 26.XANEIRO – 27.XANEIRO.2017
Lugar: Casa da Fariña. Praza de Azcarraga 9, A Coruña
Obxectivos:
– Comprender os procesos de contaminación das augas residuais urbanas
– Desenvolver a capacidade técnica para poder acometer todas as fases de deseño, xestión administrativa, construción e mantemento dun sistema de depuración autónomo doméstico ou de núcleo, con criterios sustentables.
Poñente:
Javier Santiago Díaz, Enx.Forestal. Tp3 Enxeñería Natural (grupo AGUAinc.)
Público:
Persoas relacionadas coa arquitectura, urbanismo, enxeñería, construción ou autoconstrución, e calquera outra interesada na temática. O número de asistentes limitarase a 30 por cuestións de espazo.
Matrícula:
Normal: 40 € / Reducida para estudantes, persoas socias de Espiga e pronto pago (ata o 15 de xaneiro): 30 €
Inscricións:
Para inscribirse é necesario envíar un correo electrónico a info@habitatsocial.coop cos seguintes datos: nome e apelidos, dni, dirección e teléfono de contacto xunto co xustificante de ingreso da matrícula no seguinte número de conta:
BIC: CASDESBBXXX IBAN: ES09 3183 1500 9900 0107 1350
Programa:
26. XANEIRO.2017
16:00. Xestión sostible das augas no medio rural.
17:30 Ordenación de usos e aproveitamentos.
18:30 descanso.
19:00 Técnicas de enxeñería aplicadas ao saneamento autónomo.
27. XANEIRO. 2017
16:00 Deseño, cálculo e construción dun sistema de depuración autónomo
17:30 descanso.
18:00 A construción dun sistema de saneamento.